Sanidade Pública

grafica web
star
SOCIAL

O Goberno galego é xunto ao andaluz o que menos inviste en sanidade no Estado

Madrid supera por primeira vez na última década á Galiza en investimento sanitario por habitante. O Goberno presidido por Alfonso Rueda é o segundo de todo o Estado que menos fondos destina ao mantemento do sistema de saúde. Só Andalucía dedica menos recursos a sanidade que a Galiza.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, esta terza feira, nunha visita ao centro de saúde de Noia. (Foto: Arxina)
Sanidade pública

O teléfono que permite reprogramar citas hospitalarias é de pago para as pacientes

Sanidade dá dous teléfonos para mudar a cita de especialista. No de balde non adoitan atender.
Sanidade
star
Sanidade pública

Profesionais do Sergas e pacientes téñeno claro: "A sanidade nunca estivo peor"

A Atención Primaria enfronta un cúmulo de complicacións nas comarcas con máis presión turística. Á negativa da Xunta a cubrir as baixas provocadas polas vacacións de verán de profesionais -cuns cadros de persoal xa moi reducidos polos recortes-, súmase o aumento da poboación na tempada estival.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, esta terza feira, visitando o centro de saúde do municipio. (Foto: Xunta)
Sanidade pública

Sanidade espera captar un cento de MIR de 4º ano, "polo menos 80%", para cubrir vacantes no verán

O conselleiro insiste en que é "totalmente legal" e que "está dentro do programa formativo" da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.
17-06-2024 Consello da Xunta-1
Consello da Xunta

Rueda quere suplir agora a falta de persoal médico en Primaria con profesionais de vacacións en réxime voluntario

O Consello da Xunta aprobou o denominado Plan de cobertura de necesidades de persoal médico en Atención Primaria para período estival, cando unha parte dos profesionais xa comezaron as súas vacacións e se incrementan as vacantes nos centros de saúde
Camas nun hospital do Sergas.
Sanidade pública

O Defensor do Paciente a Alfonso Rueda e Gómez Caamaño: "Cren vostedes que as doenzas marchan de vacacións?"

A presidenta desta entidade, Carmen Flores, critica os recortes sanitarios e falta de medio e persoal nos meses de estío.

collage-web
Sanidade pública

Veciñanza de varios concellos mobilízase contra os recortes da Xunta en sanidade

A negativa da Xunta da Galiza a cubrir as baixas do persoal médico está a provocar unha caída na calidade asistencial. Esta sexta feira saíron á rúa para protestar contra esta decisión veciñanza e profesionais sanitarios de varios concellos do Barbanza así como en Fornelo Montes, na área sanitaria de Vigo.

Protesta en defensa da Atención Primaria no consultorio de Palmeira (Ribeira, O Barbanza). (Foto: Nós Diario).
Sanidade pública

Ribeira mobilízase para exixir a cobertura de vacantes en atención primaria

As reivindicacións da veciñanza do Barbanza súmanse ás protestas semanais que desde o pasado 10 de maio protagoniza o persoal sanitario da comarca.
Persoal de enfermaría realiza a inserción dun catéter venoso. (Foto: Ariadna Creus e Àngel García).
star
Análise

Solucións xa!

Xosé Mª Dios Diz é médico de Atención Primaria en Outes.
Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Un preacordo con melloras cancela o conflito das ambulancias

O pacto contempla a posibilidade de solicitar persoal de apoio, titulación adecuada para a UVI e o compromiso de realizar "os mantementos, as limpezas e as desinfeccións das ambulancias e dos equipos de traballo conforme obriga a lei".
Mobilización do persoal da limpeza na Coruña (Foto Nós Diario).
TRABALLO

Traballadoras da limpeza exixen contar con novos convenios "dignos"

Os sindicatos alertan da posibilidade de folga se non hai acordo para o novo convenio.
Ana Pontón e Alfonso Rueda, esta cuarta feira, no Parlamento galego. (Fotos: Arxina)
Parlamento

Rueda di que responder a preguntas sobre sanidade é "perder o tempo"

A pregunta na sesión de control ao presidente da Xunta da Galiza realizada pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento galego, sobre como afronta a sanidade galega unha tempada tan complexa como a do verán deu pé a Alfonso Rueda a falar de Bildu, os pellets, as eleccións europeas e ERC. E falou menos do que se lle preguntaba porque, el mesmo o dixo, que responder ao BNG sobre sanidade "é unha perda de tempo".
nos0706p
star
Sanidade pública

A Xunta mantén sen cubrir perto de 250 prazas de medicina en Atención Primaria

A Atención Primaria galega rexistra un problema estrutural de falta de persoal. Ás vacantes existentes durante todo o ano súmanselle na tempada estival as xeradas polas vacacións. Profesionais de Medica de Familia responsabilizaron esta quinta feira o Goberno de Alfoso Rueda deste problema.

O corredor de acceso ao Hospital de Día Oncolóxico do CHUS, ateigado esta quinta feira. (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
Sanidade pública

Denuncian un novo "colapso" no hospital oncolóxico do CHUS

"Habilítanse como zona de espera dous corredores de paso fóra do propio Hospital que non contan con acceso directo aos aseos e á área de admisión, e non dispoñen de fonte de auga fría e televisión", critica a Asociación de Pacientes.
Control de idade dun bebé nunha consulta de pediatría. (Foto: Colexio Oficial de Enfermeiras de Barcelona).
star
Análise

Acabar coa pediatría de familia no sistema sanitario público

Manuel Martín é médico e portavoz  da plataforma SOS Sanidade Pública.
web
SOCIAL

A Galiza é a comunidade de todo o Estado que menos inviste en servizos públicos

O informe que vén de presentar Fedea, tomando como base os datos da liquidación dos orzamentos efectuada pola Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE) do Ministerio de Facenda, sitúa Galiza como a comunidade do Estado que menos inviste nos servizos públicos fundamentais.

Protesta convocada pola Mesa ante os xulgados de Compostela para arroupar Xosé Agrelo. (Foto: Arxina)
LINGUA

A Mesa acusa Xunta e Estado de "amedrentar" as persoas que exixen ser atendidas en galego na Administración

Os xulgados de Compostela acollen esta segunda feira a vista xudicial polo recurso presentado polo rianxeiro Xosé Agrelo contra a multa de 600 euros que lle foi imposta por demandar nun centro de saúde de Rianxo que se lle atendese en galego durante un cribado de Covid-19 no ano 2021.
espera
Sanidade pública

As listas de espera: dos 317 días para unha cita para Rehabillitación en Ourense aos 129 para operarse en Neuroloxía en Santiago

Máis de 45.000 persoas esperan por unha cirurxía e 1.600 por unha consulta.
20240529 Sanidade Caamano Parlamento3_20240529173403
POLÍTICA

A Xunta fechará 780 camas hospitalarias neste verán, 115 máis que en 2023

O Goberno galego fechará máis de 780 camas nos hospitais galegos durante a tempada estival. A proposta da Xunta da Galiza significa reducir as prazas hospitalarias en máis de 9% e implica deixar sen funcionamento arredor de 115 camas máis que na anualidade pasada, cando ficaron fóra de servizo 665.

Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade, esta cuarta feira, no Parlamento. (Foto: Xunta da Galiza)
Sanidade pública

Sanidade busca persoal médico "veraneante" para cubrir vacantes

Facenda defende a contratación do Sergas.