Feijóo, a Villares: “Vostede non será deputado e eu seguirei sendo presidente da Xunta”
O presidente aproveitou a sesión de control no Parlamento para afirmar en reiteradas ocasións que fica en Galiza e non medita dar o ‘salto’ a Madrid. Reiterouno perante Ana Pontón (BNG) e Luís Villares (En Marea), que lle reprochaban estar máis pendente de suceder a Rajoy que de resolver os problemas dos galegos e galegas.