tradición

O dragón do Monelos, no parque Europa da cidade da Coruña (Foto: Iván Méndez).
MEMORIA E HISTORIA

O perigo de ficar á sombra dun dragón: unha maldición mortal explicada na mitoloxía galega

Na mitoloxía galega, "os dragóns concíbense como serpes que, ao envellecer, adquiren ás e poderes maléficos".
Sabugueiro, 'Sambucus nigra'; fenta, 'Athyrium filix-femina', e Lingua de ovella, 'Plantago lanceolata'. (Ilustracións: Paula Lago).
CULTURA

As sete herbas imprescindíbeis para preparar o cacho de San Xoán na noite máis 'meiga'

A auga e o lume son elementos imprescindíbeis nesta xornada de tránsito e celebración que atravesa a Galiza de cabo a cabo.
Monteaguro, á dereita en primeiro termo, tensando o feche do perímetro en Sabucedo (Foto: Alejandro Enríquez).
Entrevista

Paulo Vicente Monteagudo: "Se tramitan os eólicos en Sabucedo pola vía urxente estamos indefensos"

A Asociación Rapa das Bestas afronta nun mes a celebración da súa festa, do 5 ao 8 de xullo. As aloitadoras e os aloitadores baixarán do monte 350 bestas cara aos curros de Sabucedo (A Estrada, Tabeirós-Terra de Montes). Mais a celebración este ano vén marcada pola “invasión eólica”, din. Este sábado, a asociación xunto a colectivos veciñais protestarán contra os proxectos eólicos Xubrintas e Alamaceiros, que ameazan, din, o corazón da tradición galega.
Rosario Álvarez, Concha Losada e Elisa Fernández (foto: Europa Press).
CULTURA

O Museo do Pobo Galego renderá homenaxe a Dorothé Schubarth

Palestras e música lembrarán á etnomusicóloga o vindeiro 12 de xuño nunha xornada especial.
A Santa Ferreña (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

Carboeiro será este sábado centro de "devoción" pola Santa Ferreña

A Santa Ferreña fai 25 anos. Os Encontros de Música Tradicional en Carboeiro son a mellor das mostras ao ar libre do patrimonio cultural inmaterial da Galiza. Veciños e veciñas autoorganízanse de modo altruísta para abrir cada primeira fin de semana de xuño un espazo ao legado cultural transmitido de xeración en xeración. Persoas de todas as idades, casas e castes acamparán a carón do río Deza este sábado para "festexar e defender o noso, desde a alegría".
Actividade lúdica nunha pasada edición da Romaxe (Foto: Concello de Muras).
CULTURA

Todo preparado en Muras para unha nova edición da Romaxe Artesá da Chaira

A Romaxe Artesá da Chaira contará coas actuacións de Fillas de Casandra.
Anxo Pintos coa zanfona na Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (Foto: Xan Carballa).
star
CULTURA

Das cinzas á gloria, a zanfona gaña prestixio no territorio da música tradicional e o folk

SondeSeu Orquestra Folk dá esta sexta feira o seu concerto de XX aniversario, "EntreTerras", en compaña de Sés, o canario Hirahi Afonso e o portugués Daniel Pereira. Da orquestra forman parte doce zanfonistas, unha presenza estelar para un instrumento de orixe medieval, rescatado das cinzas por Faustino Santalices, que vive un renacemento e tamén importantes melloras técnicas.
Bebé (Foto: Sakena).
SOCIAL

Cales son os nomes máis predominantes na Galiza? Esta é a evolución das últimas décadas

Os tres nomes de nenas máis postos na Galiza entre as nadas na década dos anos 20 son Sofía, Noa e Martina, mentres que no caso dos nenos encabezan a lista Mateo, Martín e Hugo.
Restauración de adegas medievais na parroquia de Vilachá, na Pobra do Brollón (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Feira do Viño de Vilachá pon en valor a viticultura tradicional do Brollón

A parroquia de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón (Terra de Lemos) acolle desde hoxe,  3 de maio, ao domingo, 5 de maio, a XXXI edición da súa Feira do Viño. Trátase dun evento singular dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que usa coma escenario o conxunto de adegas medievais da Abelaira, as máis antigas da Galiza e de todo Estado, e prima a tradición e a artesanía dos colleiteiros fronte ao carácter máis profesionalizado e comercial das adegas.
Arriba e abaixo á dereita, Maios en Redondela. Abaixo á esquerda, cantiga contra a A-57 en Pontevedra. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A festa dos Maios une cultura, tradición e reivindicación coa chegada da primavera

Esta cuarta feira comezaron as festividades en varios municipios, as cales proseguirán este mes na Galiza.
Un Maio colocado nun coche (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Que significan os Maios que aparecen por toda a Galiza? Esta é a orixe desta tradición popular

A festa dos Maios volve un ano máis á Galiza para lembrar a chegada da primavera.
Un home prepara a queimada en Cervo, na Mariña (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
CULTURA

Tradición ancestral ou invención relativamente recente? A historia do conxuro da queimada

Normalmente, á queimada atribúenselle orixes celtas. Algo que é imposíbel, segundo afirmou en 1972 o catedrático de prehistoria da Universidade de Santiago, Carlos Alonso del Real.

Oración a san Veremundo

Foto de familia na gala de Enreguéifate 2024.
CULTURA

Enreguéifate entrega os galardóns da súa sétima edición: estas foron as gañadoras

As gañadoras e gañadores, alumnado de diversos centros escolares galegos, persoal técnico dos servizos de normalización e unha representación política dos cinco concellos impulsores participaron na gala.

'O día 1 de abril van os burros a onde non deben ir', reza a fraseoloxía galega (Foto: quendadetarde.blogspot.com)
CULTURA

Pero onde van na Galiza os burros o 1 de abril?

Portugal, o Reino Unido, Francia, Alemaña... son varios os Estados que celebran o día das brincadeiras o 1 de abril. Na Galiza tamén existe a tradición. Eis o refrán “O 1 de abril van os burros onde non deben de ir".

Procesión do Santo Encontro en Fisterra, o Venres Santo de 2023. (Foto: Relo Fisterra).
star
Análise

Lecer e posibilidade festiva

Manuel Vilar é o director do Museo do Pobo Galego.
Solmira 'da Cesteira', unha das persoas que Costa chama mestras da tradición oral galega, portadora e transmisora dos saberes que herdou. (Foto: Xulia Feixoo)
star
Música

E que facemos coas recollas?

Lupe Blanco, unha profesora de luxo na Escola de Regueifa de Carballo.. (Foto: Beatriz Pereira Expósito).
star
CULTURA

Bergantiños, a comarca das regueifeiras: así será a Liga da Regueifa que organiza Carballo

O Concello de Carballo organiza, para o mes de maio, a I Liga da Regueifa, un paso máis na promoción e difusión dun xénero popular que conta dunha enorme estima na comarca de Bergantiños. Carballo ten tamén unha Escola de Regueifa, un Premio da Regueifa e participa no proxecto Enreguéifate.
A deputada Iria Castro con Antón Castro e Hixinio Flores.
CULTURA

Lugo liga o repertorio popular de "As cegas de Ouselle" coa olaría tradicional

Samos, Bonxe e Gundivós acollerán as outras actuacións do ciclo no que Aldara Palmeiro, Miguel Lustres e Antón Castro recuperan repertorios das feiras de antano

O Entrudio, presonaxe recuperado na Gudiña (comarca de Viana). (Foto: Sermos Galiza)
star
Reportaxes

Personaxes e tradicións aínda por recuperar

A recuperación do Entroido, Entruido ou Entrudio, como se lle denomina en moitas zonas do país, é cada vez máis evidente. Sexa polo atractivo dos que se conservaron no tempo e medraron en visualización mediática, sexa por non deixar que fuxa a oportunidade de vivir experiencias do pasado a través da memoria de informantes que aínda hoxe poden contalo, numerosas vilas e algunha cidade apuntáronse nos últimos anos ao traballo de recobrar a festa máis rebelde do ano. Sermos Galiza achégase a algúns deles como o de Soutomaior, A Gudiña, Silleda ou Vigo.