Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral desde O Barbanza até A Mariña

Todo o litoral galego desde O Barbanza até A Mariña permanece hoxe en alerta laranxa por temporal costeiro, ante as previsións de ventos de forza sete e ondas de até seis metros no norte do país. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acordou esta medida preventiva que está vixente desde primeira hora desta cuarta feira, xornada na que o resto da costa galega está en aviso amarelo tamén polas condicións adversas que se esperan. As previsións da Aemet apuntan a ventos de forza sete mar dentro en Estaca de Bares e mar combinada con ondas de até seis metros, mentres que no resto de costa a ondada podería superar os cinco metros de altura. A Xunta apela a extremar as precaucións mentres dure este fenómeno, que se espera que empece a remitir a partir da caída da noite.
Grandes ondas na costa da Coruña (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
photo_camera Grandes ondas na costa da Coruña durante o paso do temporal 'Ciarán' (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
Comentarios