![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
23/xan./24 - 14:53
Actualizado: 23/xan./24 - 14:54
O dispositivo despregado pola Xunta da Galiza nas praias e no mar para a recollida de pellets permitiu recoller esta segunda feira uns 20 quilos de bólas plásticas, segundo informa a propia xunta, o equivalente a pertodun saco deste material, así como 352 quilos doutros plásticos presentes na costa e que poden depositarse no colector amarelo. En total, até o momento, o operativo da Administración galega recuperou 3.544 quilos deste material, o que supón uns 142 sacos. Ademais, desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais preto de 11.200 quilos doutros plásticos asimilábeis a residuos urbanos. Esta terza feira traballan nas praias galegas ao redor de 300 efectivos repartidos por 28 areais pertencentes a 17 concellos.