Leilía di adeus en Compostela

Este sábado 13 de xaneiro Leilía ofrecerá o seu derradeiro concerto en Compostela. A partir das 20.30 horas, a Sala Ángel Brage do Auditorio de Galiza servirá de escenario para o adeus da histórica formación de música tradicional galega As voces e as pandeiretas de Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez uniranse para ofrecer o último espectáculo da xira Anque me vou, non me vou co que tecen un percorrido pola súa traxectoria.  
A alcaldesa e a concelleira Miriam Louzao coas músicas de Leilía.
photo_camera A alcaldesa e a concelleira Miriam Louzao coas músicas de Leilía.
Comentarios