Eme2 e Pistacatro, presenza galega na Feira Europea de Xixón

Setenta compañías mostran os seus novos espectáculos na Feira Europea das Artes Escénicas para Nenos e Nenas que se está a celebrar en Xixón. “O príncipe e o parrulo” de Eme2 e “Impreuna” de Pistacatro marcan a presenza galega. 

principe
photo_camera principe

FETEN, a Feira Europea das Artes Escénicas para Nenos e Nenas chega a súa vixésimo terceira edición con setenta espectáculos que foron seleccionados para un dos encontros máis relevantes do teatro feito para as crianzas. A presenza galega está representada nesta nova edición que se desenvolve do 16 ao 21 de febreiro por dúas compañías e dous espectáculos, Eme2 con “O príncipe e o parrulo” e Pistacatro co seu espectáculo de novo circo “Impreuna”. 

Eme2 achega a Feten un espectáculo producido en colaboración coa compañía Euskadi Gorakada. “O príncipe e o parrulo” é unha proposta de monicreques e actores dirixido para crianzas a partir dos 3 anos que fala da amizade. Dirixido por Alex Díaz e producido por Mercedes Castro

150 representacións e 70 espectáculos

Con Pistacatro entra o circo no programa de Feten, con malabares, aéreos, acrobacias, danza e clown. Unha compañía de 7 artistas acompañan ao público a través dunha viaxe pola vida interior do circo, poñendo en destaque valores como a a amizade ou a solidariedade. 

En Feten danse cita compañías de Arxentina, Bulgaria, Bélxica, Francia, Holanda, Italia e o Estado Español cun programa de 150 representacións. Teatro actoral, monicreques, maxia, espectáculos musicais, danza, ópera ademais doutras disciplinas compoñen un programa con espazos especiais para especialistas. 

Comentarios