Improdutiva visita das equipas galegas de Segunda División a Euskadi

Após 6 xornadas sen coñecer a derrota, este domingo o Deportivo cedeu os tres pontos en Ipurúa face un bon Eibar (2-1). O sábado xa caera o Lugo en Vitoria, fronte o Alavés, tamén por 2-1.

culio
photo_camera Culio, acosado por un rival

O Lugo tivo as súas opcións e mereceu no mínimo puntuar na súa visita ao Alavés. Cando menos gozou de aproximacións á area e mostrou que, embora estar a atravesar unha má xeira de resultados (4 xornadas con esta sen coñecer a vitoria), a equipa de Setién mantén o gosto polo toque da pelota e unha indisimulada vocación ofensiva. Na portería retornou á titularidade o galego Dani Mallo. Sandaza marcou o gol lucense.

En Ipurúa vimos a pior versión en moito tempo do Deportivo. Fernando Vázquez apostou no retorno do 4-1-4-1 e Borja apenas entrou en xogo. As bandas, calamitosas, foron incapaces de producir un centro con xeito á area rival.

En Ipurúa vimos a pior versión en moito tempo do Deportivo

O Eibar foi a equipa intensa que se agardaba e sobre a que xa advertira nas vésperas Fernando, mas o Deportivo non estivo en ningún momento na mesma onda de conexión co partido. Estivo desligado, até lánguido. Fracasou Seoane como interior dereito e botouse ben de menos a Insua.

Marcou Luís Fernández, o terceiro na súa conta, após aproveitar o único centro con cara e ollos que a equipa branco-azul foi quen de colocar perante a baliza basca. O autor da asistencia foi Antonio Núñez. Mágoa que non estea aínda con folgos abondos para ocupar praza titular nunha equipa que ten a súa principal debilidade nos seus flancos, quer o dereito quer o esquerdo.

A imaxe está tirada de CanalDeportivo.Com

Comentarios