Kolesnichenko e Maltsev fanse co primeiro ouro nos Xogos dos Brics

O certame reúne en Rusia máis de 4.000 atletas.
A rusa Svetlana Kolesnichenko. (Foto: Brics Games).
photo_camera A rusa Svetlana Kolesnichenko. (Foto: Brics Games).

A cerimonia de apertura da sexta edición dos Xogos Deportivos dos Brics -a asociación de países que encabezan Brasil, Rusia, China, a India e a China- declarou oficialmente inaugurado un certame que  repartiu as primeiras medallas das 27 disciplinas que o conforman.

Deste modo, as localidades rusas de Kazán e Moscova reunirán até o próximo 29 de xuño arredor de 4.000 atletas procedentes de máis de 90 estados de todo o mundo.

O acto incluíu un desfile de deportistas, amenizado pola música do coro de cámara estatal ruso e un conxunto de baile chegado da República de Tartarstán, xunto con outras populares bailarinas e cantantes da rexión como Elmira Kalimullina, Gulnora Gatina, Anton Polodyuk, entre outras.

Durante a cerimonia de apertura o público viaxou por un universo metafórico a través das distintas actuacións, retrotraéndose aos tempos da extinta Bulgaria do Volga e percorrendo a Gran Ruta da Seda. Ademais, o espectáculo serviu para homenaxear obras de artistas, músicas e escritoras do país anfitrión, con especial énfase nos logros das científicas soviéticas. 

Horas máis tarde, a proba de natación sincronizada abriu a competición propiamente dita, entregando as primeiras medallas de ouro. Así, Svetlana Kolesnichenko, varias veces campioa olímpica, subiu ao máis alto do podio grazas aos seus 313,69 puntos, moi por diante dos 269,47 da belarusa Khandoshka e a uzbeka Onkes. Pola súa parte, entre os homes o mellor foi o ruso Alexander Maltsev, seguido do tailandés Kantinan Adisaisiributr.

Comentarios