Fútbol

Xa están á venda as entradas para a selección galega: estes son os prezos

A 'Irmandiña' xogará contra Panamá o 31 de maio en Balaídos.

Mapa das bancadas do estadio de Balaídos.
photo_camera Mapa das bancadas do estadio de Balaídos.

Xa están á venda as localidades para o partido que a selección galega disputará contra Panamá en Balaídos o vindeiro 31 de maio. As entradas varían desde os 10 aos 30 euros. No tramo máis baixo están Río baixo área, Río Alto área, Río Baixo impar córner e Gol central. As localidades máis caras, 30 euros, corresponden a Tribuna alta central. As entradas xa se poden adquirir a través da páxina web da Federación galega de Fútbol.

O encontro entre a Galiza e Panamá do próximo 31 de maio a partir das 20 horas logo do acordo ao que chegou a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) coa Televisión da Galiza (TVG).

A televisión pública galega será a encargada de retransmitir en directo o partido a través da súa primeira canle e difundirá o sinal a Panamá, país no que tamén poderán seguir en directo o encontro entre a selección galega e o combinado panameño.

O obxectivo da Federación é que este partido sexa de novo un día grande para o noso fútbol, a festa de todo o fútbol galego. Un día histórico no que poidamos sentirnos orgullosos dos nosos futbolistas, dos nosos clubs e do noso deporte en xeral.

Comentarios