Standard & Poor's rebaixa a bono-lixo a cualificación de Novagalicia Banco

A axencia prognostica para a entidade financeira galega unha perspectiva negativa, mais ve tamén motivos de optimismo

Novagalicia Banco
photo_camera Novagalicia Banco

Standard and Poor's rebaixou a cualificación de NGB a BB-, o que se coñece como bono-lixo, no que atinxe a débeda a longo prazo, e B para a débeda a curto prazo. Aliás, esta axencia estadounidense prognostica para Novagalicia Banco unha perspectiva negativa.

S&P sinala a “feble” posición de negocio da entidade financeira galega e na “profunda reestruturación” que está a afrontar nun marco complicado de operacións dentro do sistema financeiro español.

A axencia, con sede en Nova Iork, entende que os retos que NGB ten por diante non vanser “doados” de superar, se ben apunta a que a entidadeten unha posición “sá de mercado na rexión (en referencia a Galiza), coas cotas de mercado do 44% dos depósitos e un 34% en empréstitos. Aliás, S%P engade que considera a posición de negocio do banco como “moderada”

Comentarios