Armenia e Acerbaixán negociarán en Bruxelas os termos da paz

A tensión crece no conflito entre Armenia e Acerbaixán diante das acusación de Rusia e Armenia de que o país acerbaixano ten roto as disposicións da declaración tripartita. A próxima semana os dous países intentarán achegar posicións en Bruxelas.
Militares de Acerbaixán en Nagorno Karabaj. (Foto: Europa Press)
photo_camera Militares de Acerbaixán en Nagorno Karabaj. (Foto: Europa Press)

Armenia e Acerbaixán acordaron reunirse en Bruxelas a próxima semana para iniciar novas conversacións de paz sobre Nagorno Karabaj. 

No seu momento, Rusia enviou 2.000 efectivos para facer cumprir o cesamento do fogo, pero na última semana os rusos e os armenios acusaron os acerbaixanos de violar o acordo debido á captura do pobo Parukh. 

Armenia alega que a poboación está a ser aterrorizada polos acerbaixanos como parte do que describe como un "esforzo de limpeza étnica".

Ao tempo, a poboación armenia que queda no territorio mostra preocupación pola capacidade rusa para manter o cesamento do fogo.

Diante da próxima mediación da Unión Europea no conflito, Rusia apresurouse a dicir que colaborará activamente en calquera acordo de paz. 

A pesar de que tanto Armenia como Acerbaixán acúsanse mutuamente de obstruír os esforzos de paz, ambos afirman estar dispostos a estabelecer negociacións para resolver unha guerra que supuxo a morte de máis de 6.000 persoas en 2020.

Aumento da tensión

A tensión en Nagorno Karabaj acentuouse a pasada fin de semana, cando o Exército do Acerbaixán se negou a retirar as súas tropas do territorio despois de ocupar a zona controlada polas forzas rusas para montar un posto de observación.  

En consecuencia, o país acerbaixano foi acusado de violar as disposicións da declaración tripartita dos líderes de Rusia, Acerbaixán e Armenia, que foi asinada polas partes o 10 de novembro de 2020. 

Comentarios