A guerra en Ucraína, en directo, este 1 de abril

Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. 
Unha muller pasa por diante dos restos dun coche no distrito de Soltavka, en Kharkiv. (Foto: Aziz Karimov). Unha muller agarda a evacuación na rexión de Zaporizhzhia. (Foto: Diego Herrera). Voluntarios civís levan uniformes mentres practican nun exercicio militar. (Foto: Celestino Arce Lavin).
photo_camera Unha muller pasa por diante dos restos dun coche no distrito de Soltavka, en Kharkiv. (Foto: Aziz Karimov). Unha muller agarda a evacuación na rexión de Zaporizhzhia. (Foto: Diego Herrera). Voluntarios civís levan uniformes mentres practican nun exercicio militar. (Foto: Celestino Arce Lavin).

🔴 [EN DIRECTO]

 Actualizar

16.24 | Primeira visita dunha representante internacional a Kíiv desde o comezo da guerra

A presidenta do Parlamento europeo, Roberta Metsola, desprazouse nesta sexta feira até Kíiv, converténdose na primeira representante dun organismo internacional europeo que viaxa a Ucraína desde o comezo da guerra, o pasado 24 de febreiro.

Metsola reuniuse co presidente do Parlamento ucraíno, Ruslan Stefanchuk, co que mantivo un encontro a súa chegada á capital da Ucraína.

15.43 | O equipo enviado pola Cruz Vermella a Maripol cualifica de "horríbel" a situación na cidade

O equipo enviado polo Comité Internacional de Cruz Vermella a Mariupol chegou nesta sexta feira coa misión de coordinar a evacuación dos civís que aínda quedan no interior das cidades. Nas súas redes, o organismo explicou que agarda poder completar a evacuación de civís canto antes, e cualificou de "horríbel" a situación da cidade.

14.28 | Un ataque ucraíno provoca un incendio nun depósito de petróleo en Rusia

Segundo recolle Russia Today, o gobernador da rexión rusa de Bélgorod, perto da fronteira con Ucraína, Vyacheslav Gladkov, informou dun incencio nun depósito de petróleo como resultado dun ataque de dous helicópteros das Forzas Armadas ucraínas que entraron no territorio de Rusia a baixa altura.

12.43 | 4,1 millóns de refuxiados saíron de Ucraína desde o inicio da invasión rusa

A cifra de refuxiados saídos de Ucraína desde o inicio da guerra en Ucraína ascende a uns 4,1 millóns, segundo os datos da ONU, que estima en 6,5 millóns as persoas que abandonaron os seus fogares pero seguen en territorio ucraíno.

10.28 | A UE rexeita as sancións de Rusia contra líderes da Unión

A Unión Europea desaprobou esta quinta feira as sancións adoptadas por Rusia contra líderes europeos e funcionarios comunitarios, así como parlamentos nacionais, en represalia polas medidas punitivas aprobadas no marco da guerra de Ucraína.

Fronte ás sancións rusas, a UE sinala que as súas son "públicas, transparentes, seguen un criterio e pódense recorrer legalmente", recolle un comunicado do Serviz de Acción Exterior.

10.06 | Ucraína eleva a máis de 150 as crianzas mortas desde o inicio da guerra

As autoridades de Ucraína cifran en máis dee 150 o número de nenos e nenas falecidas no país desde o inicio da invasión rusa. A Fiscalía sinalou nunha mensaxe na súa conta en Telegram que até a data confirmouse a morte de 153 crianzas. Máis de 245 resultaron feridas.

09.35 | Zelenski destitúe dous xenerais por "deslealdade" ao pobo ucraíno

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, informou na noite desta quinta feira da destitución de dous xenerais por violar o xuramento militar de lealdade baseándose no estatuto disciplinario das Forzas Armadas de Ucraína.

Relevou do seu cargo o xefe do departamento principal de Seguridade Interna do Servizo de Seguridade de Ucraína, Naumov Andrii Olehovich, e o xefe da oficina do Servizo de Seguridade de Ucraína na rexión de Kherson, Krivoruchko Sergii Oleksandrovich.

"Agora non teño tempo para tratar con todos os traidores. Pero aos poucos todos serán castigados", asegurou Zelenski.

Comentarios