A guerra en Ucraína, en directo, este 31 de marzo

Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. 
Un home camiña por unha beirarrúa preto dun edificio danado por un ataque aéreo ruso en Kíiv. (Foto: Daniel Ceng Shou-Yi). Un tanque ruso circula por unha estrada fóra de Mariupol. (Foto: Maximilian Clarke). Zapatos cravados sobre un mapa de Ucraína debuxado nun palé mostran a incapacidade dos ucraínos para escapar dos bombardeos rusos en Lviv. (Foto: Mykola Tys).
photo_camera Un home camiña por unha beirarrúa preto dun edificio danado por un ataque aéreo ruso en Kíiv. (Foto: Daniel Ceng Shou-Yi). Un tanque ruso circula por unha estrada fóra de Mariupol. (Foto: Maximilian Clarke). Zapatos cravados sobre un mapa de Ucraína debuxado nun palé mostran a incapacidade dos ucraínos para escapar dos bombardeos rusos en Lviv. (Foto: Mykola Tys).

🔴 [EN DIRECTO]

 Actualizar

17.21 | A ONU eleva a 4,1 millóns as persoas refuxiadas no exterior de Ucraína desde o comezo da guerra

ACNUR, organismo dependente de Nacións Unidas, eleva xa a 4,1 millóns as persoas refuxiadas no exterior de Ucraína desde que comezase a guerra con Rusia, o pasado 25 de febreiro. Máis da metade destas persoas cruzaron a fronteira con Polonia, 2,3 millóns, e a ONU cualifícao como o exódo de maior celeridade en Europa desde a II Guerra Mundial.

15.45 | Rusia estabelece un novo sistema para o pago do seu gas a partir da sexta feira

Segundo recolle o diario dixital Russia Today, o presidente Vladimir Putin asinou nesta quinta feira un decreto no que estabelece as novas normas para a venta de gas natural aos "países inamistosos", é dicir, aqueles que impuxeron sancións económicas contra Rusia. A partir desta sexta feira, 1 de abril, estes países deberán "abrir contas en rublos nos bancos rusos para adquirir o gas natural ruso". Tamén advertiu que aqueles países que non acaten este novo sistema entrarán na lista de "impagos" e se lles rescindirá o actual contrato.

12.26 | As sancións impostas a Rusia fragmentarán o sistema monetario global, di o FMI

En declaracións a The Financial Times, a subdirectora xerente do Fondo Monetario Internacional, Gita Gopinath asegurou que as sancións sen precedentes impostas a Rusia ameazan con diluír o dominio do dólar e xerar un sistema monetario internacional máis fragmentado.

11.33 | Putin asina un decreto para recrutar máis de 130.000 soldados adicionais

En plena guerra con Ucraína o presidente ruso, Vladimir Putin, asinou esta quinta feira un decreto que permite inscribir máis de 130.000 persoas ao seu Exército.

"Desde o 1 de abril ao 15 de xullo, permitirase o recrutamento de cidadáns de idades comprendidas entre os 18 e 27 anos que non se atopen na reserva e sexan suxeitos ao recrutamento para o servizo militar de acordo coa lei rusa", sinala o decreto. 

10.48 | EUA detecta a retirada de tropas rusas da antiga central de Chernóbil

Os servizos de Intelixencia dos Estados Unidos advertiron unha retirada parcial de tropas rusas na antiga central nuclear de Chernóbil, no marco dun posíbel reposicionamiento de efectivos ao redor da capital ucraína.

 Segundo informan a CNN e The Washington Post, fontes do Departamento de Defensa norteamericano aseguraron que polo menos parte dos militares despregados nesa zona retiráronse.

09.36 | Rusia declara un cesamento do fogo en Mariupol para a evacuación de civís

A decisión anunciada por Moscova busca facilitar a saída de poboación civil a través de corredores humanitarios desde as 10 horas, hora local -as 9 na Galiza-, desde Mariupol a Zaporiyia, con parada en Berdyansk. O cesamento do fogo ten fins exclusivamente humanitarios declarou o xefe do Centro de Control da Defensa Nacional rusa, Mijail Mizintsev, segundo recolleu a axencia de noticias Interfax.

Comentarios