A guerra en Ucraína, en directo, este 5 de abril

Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. 
Tanques destruídos nas rúas de Bucha tras a retirada rusa de Irpin e Bucha. (Foto: ZUMA Press Wire Service). Unha muller chora ante unha fosa común onde están enterrados decenas de civís. (Foto: Daniel Ceng Shou-Yi). Casco queimado durante o funeral de soldados ucraínos na cidade de Kalush. (Foto: Ukrinform).
photo_camera Tanques destruídos nas rúas de Bucha tras a retirada rusa de Irpin e Bucha. (Foto: ZUMA Press Wire Service). Unha muller chora ante unha fosa común onde están enterrados decenas de civís. (Foto: Daniel Ceng Shou-Yi). Casco queimado durante o funeral de soldados ucraínos na cidade de Kalush. (Foto: Ukrinform).

🔴 [EN DIRECTO]

 Actualizar

20.27 |  Tenso Consello de Seguridade de Nacións Unidos, marcado pola masacre en Bucha

O Consello de Seguridade de Nacións Unidas (ONU) que tivo lugar nesta terza feira decorreu de xeito tenso após se derá a coñecer a masacre de poboación civil na cidade de Bucha, na que as autoridades ucraínas denuncian máis de 400 asasinatos por parte do exército ruso.

Na súa intervención telemática, o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, volveu a referirse ao ocorrido nesta pequena cidade ucraína como un "novo crime de guerra de Rusia", e chegou a propor a disolución da ONU se non é quen de "garantir" a seguridade e a paz mundial. 

Pola súa parte, o embaixador ruso ante a ONU, Vasily Nebenzya, asegurou que Rusia entregará "evidencias empíricas" para demostrar que os soldados rusos non tiveron nada que ver na matanza de poboación civil en Bucha.

En canto a China, cualificou de "aberrantes" o ocorrido na cidade ucraína, e chamou a facer unha investigación rigorosa para coñecer que sucedeu e quen é o responsábel último dun novo ataque á poboación civil de Ucraína.

18.20 | Zelenski, no Congreso español: "Estamos en 2022 pero parece Gernika en 1937"​

presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, interviu na tarde desta terza feira ante o Congreso español, nunha comparecencia telemática na que comparou a situación de guerra que vive o seu país cos bombardeos en Gernika de 1937, durante a Guerra Civil española, a pesar de que ambos os casos, a nivel político, non teñen demasiado en común.

17.11 | Comeza a intervención de Zelenski no Congreso español

O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, comezou cuns dez minutos de retraso a súa intervención telemática no Congreso español. O dirixente ucraíno compareceu en primeiro lugar ante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas (ONU).

16.13 | Rusia acusa Ucraína de querer "repetir a matanza" de Bucha noutras cidades

O Goberno ruso acusou Ucraína de querer "repetir a matanza" de poboación civil na cidade de Bucha noutras cidades do país das que estes días está a retirarse o exército ruso. Moscova segue a manter a versión de que os ataques a civís foron unha "provocación" dos servizos secretos ucraínos para construír un relato antes os medios occidentais.

Pola súa banda, o Goberno ucraíno, a través do seu presidente, Volodimir Zelenski, volveu exixir a intervención da comunidade internacional.

13.53 | O Estado español bota 25 diplomáticos e persoal da Embaixada de Rusia en Madrid

Vén de anuncialo o ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares. Segundo dixo, "representan unha ameaza para os intereses de seguridade" de España así como polas "terríbeis accións" dos últimos días en Ucraína.

O Goberno segue así os pasos de varios socios da UE, algúns dos cales comezaron a expulsar diplomáticos rusos a semana pasada.

13.44 | Italia, Dinamarca e Suecia expulsan medio cento de diplomáticos rusos

Italia expulsou 30 persoas do corpo diplomático por "motivos de seguridade nacional". Dinamarca avanzou que fará o mesmo con 15 diplomáticos da Embaixada de Rusia en Copenhague aos que describiu como "oficiais dos servizos de Intelixencia rusos". Suecia vén de comunicar a explusión doutrso stres diplomáticos rusos aos que acusa de "actividade ilegais de intelixencia".

Rusia xa comunicou que tomará medidas, que responderá con "medidas equivalentes" ás expulsións de diplomáticos anunciadaspor estes países, nun aviso que sería extensíbel tamén a outros países que emprendan medidas similares.

13.23 | Von der Leyen e Borrell viaxarán esta semana a Kíiv para ver a Zelenski

A presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, e o Alto Representante de Política Exterior da UE, Josep Borrell, viaxarán esta semana a Kiev para reunirse persoalmente co presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, nun xesto de apoio previo á conferencia de doantes.

10.32 | Militares ucraínos realizaron "unha nova gravación escenificada" de civís mortos, sinala Rusia

O portavoz do Ministerio de Defensa de Rusia, Ígor Konashénkov, declarou hoxe que os militares ucraínos realizaron "unha nova gravación escenificada de civís, supostamente mortos por actos violentos das Forzas Armadas de Rusia".

Segundo recolle Russia Today, detallou que as imaxes en cuestión foron gravadas na tarde do 4 de abril na localidade de Moschun, a 23 quilómetros de Kíiv, para logo difundilas a través de medios de comunicación occidentais.

10.15 | Ucraína acusa Rusia de estar "reagrupando tropas" para unha ofensiva no Donbass

As Forzas Armadas de Ucraína aseguraron esta terza feira que Rusia "está reagrupando tropas" e "concentrando os seus esforzos" nos preparativos para unha ofensiva militar no leste do país, en referencia á rexión do Donbás, onde se atopan as autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Lugansk.

"O inimigo ruso está a tentar mellorar a posición de unidades nas áreas operacionales de Tavrita e Pivdennobuzhsky", resaltou o Estado Maior do Exército ucraíno a través dunha mensaxe na súa conta na rede social Facebook.

10.08 | Máis de 3.300 persoas evacuadas por corredores humanitarios nas últimas 24 horas

Polo menos 3.376 persoas foron evacuadas esta segunda feira das localidades de Mariupol e Berdyansk, desde o sueste de Ucraína cara á rexión de Zaporiyia, controlada polas forzas ucraínas.

Confirmouno a viceprimeira ministra e ministra para a reintegración dos territorios temporalmente ocupados de Ucraína, Irina Vereshchuk, quen acusou "os ocupantes rusos" de "violar sistematicamente os acordos durante a evacuación na rexión de Lugansk".

09.47 | Moscova presentará probas de que os soldados rusos nada teñen que ver cos asasinatos de civís en Bucha

O representante de Rusia ante a ONU, Vasili Nebenzia, declarou que os militares rusos "non teñen nada que ver coas atrocidades contra civís". "Temos probas fácticas que apoian esta posición. Imos presentalas ao Consello de Seguridade da ONU canto antes", engadiu.

Nebenzia referiuse ao vídeo publicado o pasado 31 de marzo polo alcalde de Bucha no que afirmaba que as Forzas Armadas de Ucraína retomaran o control da cidade tras a saída dos soldados rusos. "Non houbo ningunha información sobre corpos e violacións" na cidade, ao contrario do que denunciaron as autoridades ucraínas uns días despois, recalcou o voceiro ruso.

09.35 | O Pentágono responsabiliza as Forzas Armadas rusas do masacre de Bucha

O Departamento de Defensa de Estados Unidos asegurou que as Forzas Armadas rusas son "responsábeis" das atrocidades cometidas na cidade ucraína de Bucha, na contorna da capital, Kíiv, onde se atoparon máis de 300 civís mortos.

"Se son contratistas ou chechenos, non creo que poidamos dicilo neste momento, pero certamente non estamos a refutar que ocorreron estas atrocidades e que ocorreron a mans dos rusos", afirmou onte o portavoz do Pentágono, John Kirby, en rolda de prensa.

 

Comentarios