Máis de 200 candidatas abandonan a carreira electoral en Francia para frear a ultradereita nas votacións do domingo

A Nova Fronte Popular critica Macron por favorecer Le Pen.

Manuel Bompard. (Foto: A Francia Insubmisa)
photo_camera Manuel Bompard. (Foto: A Francia Insubmisa)

Até 218 candidaturas anunciaron a súa retirada da segunda volta das eleccións lexislativas en Francia que se desenvolverán o domingo en 501 dos 577 distritos, a inmensa maioría para concentrar o voto contra a extrema dereita da Reagrupación Nacional (RN), que aspira á maioría absoluta, segundo os cálculos a terza feira da prensa local ao finalizar o prazo para ser rexistradas.

A pesar de que a coalición Xuntos pola República, do presidente francés, o conservador liberal Emmanuel Macron, cuestionou maioritariamente se retirarse naquelas circunscricións nas que se clasificaran para a segunda fase como terceira forza se a outra candidatura en liza contra a ultradereita era da Francia Insubmisa (LFI), integrada na progresista Nova Fronte Popular (NFP), retirouse en 82 distritos dos 90 nos que o tería que ter feito para centralizar ao máximo o voto.

De ser elas as terceiras a NFP deu orde directa de abandonar, e 131 das retiradas corresponden á esquerda, dúas á conservadora Os Republicanos (LR), dúas á RN e a última a unha candidatura “diversa”, termo usado polo Ministerio de Interior.

O coordinador de LFI, Manuel Bompard, acusou Xuntos de “pór en perigo os resultados do domingo” pola súa falta de “claridade” nas retiradas.

Comentarios