@s galeg@s desembolsaremos case 5€ por medicamento co re-pagamento

O RD 16/2012, cos recortes na Sanidade pública, entra en vigor este domingo. Euskal Herria, a nación coas pensións máis altas, elaborou unha norma propia para impedir que o decreto de Madrid afecte @s vasc@s

O prezo medio a achegar por cada medicamento será de 4,75 na Galiza, até un máximo de 8 euros no caso d@s pensionist@s. Díxoo esta cuarta feira o presidente da Xunta no pleno do Parlamento, en resposta a unha pregunta formulada polo líder do PSOE, Pachi Vázquez, sobre a repercusión dos recortes na Sanidade pública para as persoas idosas.

O político do Carballiño lembrou que a Galiza é a nación coa poboación máis enevellecida e coas pensións máis baixas do Estado español, tal e como a semana pasada alertou a federación de Saúde da CIG. O "golpe mortal" que Madrid dará a este dereito básico, coa supresión do financiamento a 456 medicamentos de uso moi cotián e receitados para 18 doenzas terá especial efecto no noso País. A partir deste domingo, coa entrada en vigor do RD 16/2012, implantarase o cobro do 10% dos medicamentos @s pensionistas, e subirá o prezo que afronte o resto da cidadanía. Euskal Herria, a nación coas pensións máis altas, elaborou unha norma propia para impedir que o decreto de Madrid afecte @s vasc@s.

O pleno converteuse nun baile de cifras que PP e PSOE empregaron como arma arreboladiza, na que Vázquez se queixou da mentira contada por Feijóo en campaña electoral, ao asegurar que o re-pagamento dos medicamentos non chegaría á Galiza; mentres o titular da Xunta acusou ao Goberno español de Zapatero de aplicar "os dous recortes máis importantes" en prexuízo das persoas que cobran unha pensión.

Comentarios