O Parlamento europeu asumiu esta quinta feira un texto impulsado pola esquerda da cámara en que se alertaba sobre o avanzo do neofascismo non só como ideoloxía, senón como ameaza violenta.
"Vai por todas as vítimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques facistas e neonazis", escribiu en Twitter unha exultante Ana Miranda aos poucos minutos do relatorio —do que era co-autora canda a italiana Eleonera Forenza e a sueca Soraya Post— ter sido aprobado.
Forenza, canda un dos seus asesores, é unha desas vítimas de ataques violentos recentes aos que se refería a iniciativa, da que foi principal impulsora.
A resolución foi votada favorabelmente polo PP e os seus aliados europeos, e rexeitada pola extrema-dereita.
Aprobado a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos. Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis pic.twitter.com/Wg1gwPljkW
— Ana Miranda (@anamirandapaz) 25 de outubro de 2018