Feijóo: "Eu si creo en Rajoy"

O líder d@s populares expresábase así na clausura do Congreso do PP na Coruña onde acompañou o re-eleito presidente provincial, Carlos Negreira.

Alberto Núñez Feijóo non cesa nas súas mostras de apoio ao seu chefe partidario, Mariano Rajoy. Neste senso na súa intervención perante a militancia do Partido Popular na Coruña, o presidente da Xunta de Galiza asegurou crer en Rajoy e no PP e non nas informacións publicadas durante os últimos días. Nun perfecto castelán e cun rotundo "dígoo contundentemente e para que se saiba", Alberto Núñez Feijóo quixo deixar claro que --ao contrario que Esperanza Aguirre-- publicamente non vai dar as costas ao aínda presidente do Goberno español nun momento de crise política e partidaria.

A súa intervención enmarcouse na clausura do Congreso provincial do PP da Coruña en que o rexedor da cidade, Carlos Negreira foi re-eleito presidente provincial por unha ampla maioría dos votos. Acompañarano á fronte da dirección a conselleira de Traballo Beatriz Mato e a deputada Paula Prado, entre outros nomes.

Comentarios