Agustín Hernández era un dos conselleiros con máis peso político do Goberno galego, algo que eventualmente o convertía nun hipotético rival de Alfonso Rueda na perspectiva da sucesión de Feijóo. O seu relevo, de 41 anos, ten un perfil máis técnico. Era unha das pezas relevantes da súa consellaría.
Feijóo desbota así realizar cambios máis profundos no seu gabinete e limítaos exclusivamente á mudanza en Meio Ambiente, embora o 25M o PP tivese o pior resultado da súa historia na Galiza, cedendo 15 pontos.
A saída de Agustín Hernández, que se perfila como candidato seguro á alcaldía de Santiago en maio próximo, debilita politicamente o goberno, mais reforza as posicións do núcleo liderado por un Alfonso Rueda que na práctica é o que xestiona o día a día da Xunta, dada a intensa actividade externa de Feijóo, moi envorcado na súa carreira política estatal.