O líder do Partido Popular da Galiza e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, vén de facer públicas as cabezas de lista polas distintas circunscricións galegas.
Optou por situar a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, como número un por Lugo. Asemade, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, será cabeza de lista pola Coruña.
Marisol Díaz Mouteira, até hai dous días delegada territorial da Xunta en Ourense, recunca á fronte da candidatura deste censo.
Pola súa banda, o propio Feixoo mantense como número un por Pontevedra, coa ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro, como segunda, quen cesaba esta semana no seu cargo de delegada da Xunta na cidade para integrarse nas listas populares.