Feixoo quixo comparar Pedro Sánchez con Bruce Springsteen mais... deixouno en 'Sprinter'

O presidente do PP acudiu este sábado a unha romaría popular no concello do Pino.
EuropaPress_5159186_presidente_partido_popular_alberto_nunez_feijoo_interviene_romeria_ppdeg
photo_camera EuropaPress_5159186_presidente_partido_popular_alberto_nunez_feijoo_interviene_romeria_ppdeg

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, tirou de ironía para referirse á visita realizada esta sexta feira polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, á Coruña. "Polo número de xente que levaba e polos medios aéreos e terrestres pensaba que era Bruce 'Sprinter', pero non", bromeou.

Feixoo quixo traer á romaría popular que o PP da Coruña organizou no Pino este sábado a visita a Barcelona de Bruce Springsteen, mais o inglés e a súa pronuncia volvéronlle xogar unha mala pasada.

O momento valeulle unha recua de mencións nas redes sociais, de forma que a súa crítica contra o líder socialista, que esta sexta feira estivo na cidade herculina para visitar primeiro a base de Salvamento Marítimo e, despois, participar nun acto de partido arroupando a diferentes candidatos ás alcaldías galegas, pasou máis desapercibida.

Críticas á solicitude de docuemntación

O presidente do PP non comparou a visita de Sánchez á Coruña coa súa propia estancia na romaría do Pino, porque "todas as comparacións son odiosas". Posteriormente, no mesmo discurso, Feixoo censurou que no acto do presidente se pedise documentación aos asistentes: "Para ir escoitar ao presidente do Goberno non se pide o DNI".

Ademais de Feixoo, o presidente do PP da Galiza e da Xunta, Alfonso Rueda, ironizou con que Sánchez chegou "predicando co exemplo sobre o cambio climático".

"Subiuse a un helicóptero na Moncloa, aterrou nun aeroporto en Madrid para subirse ao 'Falcon', aterrou na Coruña, montou unha caravana de coches e meteuse pola porta de atrás nun mitin e nese mitin todo o mundo tivo que ensinar o carné de identidade", relatou o mandatario autonómico.

Tamén o líder do PP na provincia da Coruña, Diego Calvo, lamentou o uso do 'Falcon' por parte de Sánchez e, chanceando entre os aplausos dos asistentes, advertiu a Feixoo que, se chega a ser presidente, non empregue o avión oficial: "Ou ímoste criticar".

Feixoo prometeu neste acto, volver á Romaría do Pino como presidente do Goberno estatal: "Galicia non fallará e daranos o Goberno de España"

Comentarios