Generalitat presenta denuncia contra os interrogatorios da Garda Civil

A denuncia diríxese a aentes concretos deste corpo das forzas de seguridade e a todas as persoas que colaboraron ou tiveron relación cos feitos. 

generalitat denuncia @jorditurull
photo_camera Imaxe: @jorditurull

O goberno catalán presentou este sábado unha denuncia contra a Garda Civil polos interrogatorios que o instituto armado levou a cabo esta semana a cargos políticos e traballadores da Generalitat polo referendo do 1 de outubro. O propio goberno catalán informou deste paso a través dunha mensaxe nas redes sociais e despois de que a pasada cuarta feira o conseller de Presidencia, Jordi Turull, anunciara que adoptarían esta media

Entre os altos cargos da Generalitat interrogados esta semana está o director xeral de Difusión da Generalitat, Ignasi Genovès, a directora de comunicación da Conselleria de Exteriores, Relacioóns Institucionais e Transparencia, Anna Molas, o director xeral de Comunicación do Govern, Jaume Clotet, o secretario xeral de Presidencia, Joaquim Nin, entre outros.

Todos eles tiveron que declarar perante a Garda Civil no marco das investigacións policiais sobre os preparativos do referrendo previsto para o 1 de outubro, interrogatorios que xeraron moita controversia polas diferenzas entre o Instituro armado e o xuíz encargado de levar este caso: Garda Civil informaba a algunhas das persoas interrogadas que estaban imputadas, cando non ten competencias para iso, algo que corresponde ao xuíz.

Comentarios