Iglesias di que acordou con Sánchez explorar un “goberno progresista” se Rajoy fracasa

O líder de Podemos desvela o contido dunha conversa telefónica co secretario xeral do PSOE.

pedro sánchez pablo iglesias psoe podemos
photo_camera Sánchez e Iglesias nunha reunión de hai varios meses.

Podemos e o PSOE tentarán formar un “goberno progresista” se Mariano Rajoy fracasa na encomenda de ser investido presidente do goberno español. Así o afirmou esta quinta feira Pablo Iglesias no Congreso ao indicar que mantivo unha conversa telefónica con Pedro Sánchez sobre este tema, afirmando que ambos os dous están de acordo en intentalo.

A exploración desta posibilidade chegaría só após de que o actual presidente en funcións e líder do PP, Mariano Rajoy, fracasase no intento de ser investido. Hai que agardar, pois, a ver o resultado da estratexia de Rajoy e o froito do proceso de negociación que anunciou que abriría con Ciudadanos. “SE Rajoy fracasa, estamos de acordo os dous en que habería que dialogar e que un goberno de progreso é o que precisa España”, manifestou Iglesias.

O secretario xeral de Podemos recoñeceu que “hai moitas dificultades” para atinxir un acordo cos socialistas, mais emprazou a dialogar se Rajoy non logra ser investido. Iglesias tamén dixo que Pedro Sánchez lle manifestou que o PSOE “ía votar que non” na investidura de Mariano Rajoy. 

Comentarios