En Marea inicia o proceso para a renovación da súa dirección

O Consello das Mareas fixará a vindeira sexta feira, 7 de setembro, a data para o Plenario.

marea constituinte vigo foto @DanielCuestaGz
photo_camera Asemblea constituínte de En Marea. Imaxe: @DanielCuestaGz

Conta atrás para o proceso de renovación da ponte de mando de En Marea. En menos dunha semana, o 7 de setembro, o Consello das Mareas fixará a data do Plenario, a máxima asemblea do partido. Este é un punto que concentrou nestes meses as diferenzas cada vez máis grandes entre o sector oficial e os críticos, nucleada esta en torno á Mesa pola Confluencia.


Os críticos exixen a convocatoria do Plenario canto antes, por entender que a renovación de En Marea debe de ficar resolta con antelación suficiente a respecto das eleccións municipais. Os 'villaristas' piden que se respecten os tempos e procedementos fixados pola propia En Marea.


Este é o escenario no cal En Marea camiña cara ao Plenario e ao proceso para renovar a súa cúpula, o Consello das Mareas. Un proceso no que se consulta as persoas inscritas sobre os temas a debater no Plenario, que continúa coa realización da propia asemblea e que culmina coa presentación de candidaturas para as primarias.

Comentarios