Sánchez Vidal era avogado da Administración. A causa da morte foi un cancro, que lle diagnosticaran hai uns meses.
Durante 16 anos, o seu rostro foi habitual da política local. Líder do BNG na oposición, fixo parte do bipartito presidido por Francisco Rodríguez (PSdeG). O Bloque emitiu un comunicado en que amosa “o seu pesar polo falecemento do compañeiro Alexandre Sánchez vidal, que será lembrado pola súa capacidade de traballo e polo seu compromiso político co nacionalismo galego e particularmente coa cidade de Ourense".
Nos últimos tempos participara no impulso da plataforma electoral local Ourense Mellor, próxima a En Marea. A candidatura de Etelvino Blanco suspendeu a campaña durante dous días.