O goberno español xustifica cualificar a Franco como “héroe de España” por razóns historiográficas

Amaiur denunciou no Congreso a existencia de indicacións en museos públicos do Estado loubando a Franco. “É todo un insulto”, sinala o deputado abertzale Jon Iñarritu

Museo do Exército español

Ensinar a foto dun preso independentista galego que aínda non foi sentenciado nin condeado é “enaltecemento do terrorismo”. Sábeno ben media ducia de mozos de Ourense que tiveron que pasar pola Audiencia Nacional por saír nun lip-dub con fotos de pres@s galeg@s. Mais que nun museo público haxa carteis, sinalizacións e inscricións do propio museo no que cualifiquen a Francisco Franco de 'Héroe de España' non é, en absoluto, reprobábel.

Así o entende o goberno central do Partido Popular. No Museo do Exército en Toledo exhiben unha máscara mortuaria de Francisco Franco. E no cartel identicativo do mesmo puña: 'Héroes de España'.

Demandar explicacións

Amaiur pediu explicacións ao goberno español a través dunha pregunta no Congreso. A resposta do executivo presidido por Mariano Rajoy foi curta mais clara e contundente: “O cartel faise cun criterio historiográfico e museistico”.

Para o deputado abertzale Jon Iñarritu, esa clarificación non é máis que “apoloxía fascistas” aliás dun “insulto ás vítimas e unha ilegalidade”.

Mais Iñárritu presentara toda unha serie de preguntas na súa iniciativa parlamentar que ficaron sen resposta por parte do goberno español. Cuestións como “Considera o goberno do Estado que Franco é un heroe de España?” ou: "Por que seguir nomeando Franco como" Generalísimo "? E finalmente: "Por que a ditadura fascista de Franco agora recibe o nome de goberno? E non ditadura"

Escusas do goberno español

"Non é a primeira vez que o goberno español dá escusas para non retirar símbolos franquistas", dixo Iñárritu ao xornal Gara.

Comentarios