Piden á Xunta que non contrate empresas que vulneren dereitos laborais

AGE denuncia que a administración autonómica traballa con firmas que “ adebedan cotas á seguridade social, salarios aos empregados ou que están condenadas por represión sindical,...”

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixiu da Xunta no Parlamento de Galiza que impulse unha normativa “para que os cartos públicos non se empreguen en contratar empresas que vulneran os dereitos laborais dos e das súas traballadores”.

“Queremos unha norma que garanta que aquelas compañías que sistematicamente incumpren a normativa laboral ou que estean condenadas por facelo”, sinalou o parlamentar Juan Fajardo, “non contraten coa Xunta”.

Fajardo denuncia que empresas que adebedan cotas á seguridade social, salarios aos empregados ou que están condenadas por represión sindical reciben contratos do Goberno galego

Comentarios