BNG aposta na intervención pública para acabar co “dumping” no sector leiteiro

A portavoz nacional do BNG, visitou a fáctoría de Feiraco, onde denunciou os efectos prexudiciais na actividade dos sete anos de abandono” dos gobernos de Núñez Feijóo e presentou as propostas nacionalistas para o sector.

ANA PONTON VISITA FEIRACO1

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou a Factoría de Feiraco dentro da rolda de contactos cos sectores económicos e axentes sociais do país, e mantivo un encontro coa dirección da cooperativa leiteira encabezada polo presidente, José Montes, e polo director xeral, José Luis Antuña. Acompañada de Xosé Luís RivasMini, trasladou á dirección da cooperativa Feiraco as propostas do Bloque para o sector leiteiro que serán recollidas no programa electoral cos que concorrerá ás eleccións de outono. “A primeira decisión é garantir un prezo xusto para os produtores cunha intervención directa da administración no mercado para evitar o dumping que se dá neste sector en Galiza”, afirmou. Expuxo aos cooperativistas que o programa do Bloque “aposta nun Plan estratéxico de apoio a produción e a diversificación, que teña como elemento central a creación dun Grupo lácteo galego desde o que se coordinen todas as iniciativas actuais e futuras”. 

O programa do Bloque “aposta nun Plan estratéxico de apoio a produción e a diversificación, que teña como elemento central a creación dun Grupo lácteo galego 

Pontón enfatizou a importancia do sector leiteiro para o país, un sector que é “estratéxico” non só en termos de economía e emprego, sinalou, mais tamén nos de equilibrio territorial ou fixación de poboación nun rural desenvolvido. A portavoz nacionalista e candidata do BNG á presidencia da Xunta denunciou que estes anos de gobernos de Núñez Feijóo deixan “tocado” o sector leiteiro. “Nunca se puxo á beira dos produtores e nunca tivo unha estratexia de apoio a unha actividade clave para Galiza”, afirmou, ao tempo que lembraba que sete de cada dez explotacións leiteiras que pecharon en 2015 eran galegas e que desde que goberna Feijóo botaron o peche 4.300 explotacións”.

Comentarios