“Como el xa dixo, Fernando Blanco ten todo o apoio do BNG, segue a ser militante do BNG, é unha persoa que coñezo ben no perosal e no políticio e a quen estimo”, afirmou Pontón, quen considera que “sería bo” que traballase activamente dentro da formación frentista.
Blanco, cuxa desimputación transcendeu hai apenas unha semana, explicou en público que “todo na vida ten unha época” e que a súa na política activa xa pasara.
“Evidentemente o seu futuro depende das súas decisións”, advertiu Ana Pontón, “pero o noso apoio e é un militante destacado”. Pontón realizou estas declaracións en Lugo, onde acompañou o candidato do Bloque á alcaldía, Rubén Arroxo.