O PP deixou atada a continuidade do Ducado de Franco

Un día antes da moción de censura que acabou co Goberno do PP, o seu ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ratificou a denominada Real Carta de Sucesión pola que Carmen Martínez-Bordiú herdará da súa nai -Carmen Franco Polo- o título nobiliario de duquesa de Franco. Hai unha semana, o Boletín Oficial do Estado publicábao.
 

Retrato_de_carmen_martinez_bordiu_ricardo_asensio
photo_camera Carmen Martínez-Bordiú nun retrato de Ricardo Asensio.

A nai de Martínez-Bordiú e única filla de Franco morreu o pasado decembro. Foi cando a neta do ditador solicitou a herdanza do ducado. En marzo, o BOE anunciou o inicio do trámite segundo o que, no prazo dun mes, calquera que crese ter dereito ao título podía pedilo. Izquierda Unida e o PSOE esixiron daquela a supresión da distinción.

Mais o proceso continuou o seu curso, co apoio do executivo de Mariano Raxoi.

O Estado creou o Ducado de Franco o 26 de novembro de 1975, é dicir, seis días despois da morte de Franco. Foi concedido a Carmen Polo, viúva do ditador. O grupo socialista no Congreso argumentou, ao esixir a súa eliminación o pasado febreiro, que “vai ligado a unha rebeleión militar con resultado de guerra civil, a unha represión posterior á guerra e a unha ditadura que se prolongou durante case catro décadas”.

Comentarios