Pontón sobre os cambios na Xunta: "Se Rueda non é capaz de dirixir o seu partido, moito menos o rumbo dos galegos"

A líder da formación nacionalista asegurou que se ve un presidente "sen peso político" e "sen capacidade para marcar o rumbo do seu partido".
Ana Pontón, en rolda de prensa, esta segunda feira. (Foto: Europa Press)
photo_camera Ana Pontón, en rolda de prensa, esta segunda feira. (Foto: Europa Press)

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a remodelación da Xunta "non está pensada no que necesita Galiza", senón que está determinada polo "PP" desde Xénova, o que mostra a falta de "peso político" do presidente galego, Alfonso Rueda.

"Se non é capaz de dirixir o seu partido, moito menos pode dirixir ben o rumbo dos galegos", sostivo.

Así se pronunciou a dirixente nacionalista en declaracións aos medios esta terza feira tras coñecerse que o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, deixará as súas responsabilidades no Goberno galego para encabezar a lista do PP ao Congreso pola circunscrición de Lugo.

“Incapacidade” de Rueda

"O primeiro que podemos destacar é que estamos a ver a incapacidade de Rueda para dirixir o seu partido e mesmo para ter o pulso do seu goberno", sostivo Pontón, que incidiu en que "esta non é unha remodelación pensada en que necesita Galiza para o futuro, senón claramente determinada polo que decide o PP desde Madrid, na súa sede da rúa Xénova".

Deste modo, a líder da formación nacionalista asegurou que se ve un presidente "sen peso político" e "sen capacidade para marcar o rumbo do seu partido".

"Está a subordinar os intereses da Galiza aos intereses do PP de Madrid", dixo Pontón.

Comentarios