Redacción 27/xan./22 - 18:32 Actualizado: 27/xan./22 - 18:33 Seguinte chevron_right +Info TRABALLO Así quedan as pensións galegas após a revalorización co IPC Centos de persoas xubiladas mobilizáronse esta quinta feira nas sete cidades galegas contra a nova reforma das pensións, en senllas concentracións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG). A organización sindical exixiu a derrogación das reformas do sistema de pensións levadas a cabo en 2011 e 2013 e denunciou que a reforma aprobada este ano polo Goberno de PSOE e Unidas Podemos "non garante o mantemento do poder adquisitivo". Así, as persoas manifestantes escenificaron o seu rexeitamento a esta nova lei queimando copias do Boletín Oficial do Estado (BOE) no que esta cuarta feira saíu publicada a norma. Para a CIG, esta nova reforma "consolida" os aspectos máis lesivos das reformas anteriores, "pretendendo vender como un avance a recuperación da revalorización das pensións co IPC". "Mais é un engano, porque a norma estabelece a revalorización segundo o IPC medio e non o IPC acumulado. Isto supón que este ano perderemos 4% do noso poder adquisitivo, xa que as pensións só soben 2,5%, mentres a inflación ficou en 6,5%", denunciou o Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG. No manifesto das concentracións desta quinta feira lembrábase que hai exactamente 11 anos a CIG, "en solitario", levaba adiante unha folga xeral contra a reforma das pensións do Goberno de Jose Luís Rodríguez Zapatero, "que supuxo un enorme retroceso no sistema público de pensións", xa que aumentou a idade de xubilación aos 67 anos. "Hoxe moitas das persoas que participaron na folga do 2011 están xubiladas e cobran unha pensión. E hoxe van sufrir un novo agravio, ao ver minguado o poder adquisitivo das súas pensións con esta revalorización tramposa do autodenominado goberno máis progresista da historia e dos seus cómplices, as centrais sindicais españolas CCOO e UXT", criticaron desde a CIG. As pensións galegas, á cola do Estado Cómpre lembrar que a pensión media de xubilación alcanza os 1.053,71 euros na Galiza no presente mes de xaneiro, o que supón 42,33 euros máis que en decembro de 2021 (1.011,38 euros), segundo os datos publicados esta terza feira polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. A pesar deste incremento, sitúase 192 euros por baixo da media estatal, que é de 1.245,9 euros. Desta forma, a Galiza segue ao comezo de 2022 como o segundo territorio pola cola, só por riba de Estremadura (1.036,04 euros). A pensión de xubilación máis elevada é a de Euskadi (1.527,8), seguida por Asturies (1.494,7), Madrid (1.449,7) e Nafarroa (1.405,4). Etiqueta Galiza CIG pensións Seguinte chevron_right
TRABALLO Ferido de gravidade un operario no aeroporto de Alvedro durante a asistencia en terra dun avión Redacción 15/xul./24 10:59
TRABALLO O comité intercentros da CRTVG exixe a Rueda o "cesamento inmediato" dos directivos investigados por presunto acoso laboral Redacción 12/xul./24 15:35 "Liberemos a Galega": o comité intercentros e 40 organizacións impulsan unha ILP para rematar co "secuestro" da CRTVG
"Liberemos a Galega": o comité intercentros e 40 organizacións impulsan unha ILP para rematar co "secuestro" da CRTVG
TRABALLO "Se non hai contratos a xente non cobra": sindicatos exixen a licitación do transporte sanitario non urxente Redacción 10/xul./24 17:07
TRABALLO A CIG mobilízase ante a Xunta polo desenvolvemento dun plan industrial para fortalecer o sector da automoción Ricardo Suárez 10/xul./24 15:15
TRABALLO O sector marisqueiro da ría do Burgo non descarta a vía xudicial para exixir ás Administracións o pagamento de axudas Redacción 10/xul./24 12:15
TRABALLO O Supremo condena a Xunta a indemnizar un bombeiro: o persoal fixo descontinuo da Administración pode ter outro emprego público Ricardo Suárez 08/xul./24 14:28
TRABALLO A CIG denuncia que varios municipios exixen non estar embarazada para participar en concursos de brigadas antincendios Redacción 04/xul./24 19:04
TRABALLO Medra a fenda salarial entre Galiza e o Estado: os salarios galegos son 9% inferiores Redacción 04/xul./24 11:03