A Coruña

A Mariña, o Parrote, a praza de María Pita e o paseo marítimo serán os escenarios de excepción da proba. (Foto: FETRI).
DEPORTES

A Coruña torna en xuño na capital estatal do tríatlon co gallo do Campionato de Esprinte

O certame reunirá os nomes máis potentes tanto do panorama masculino como do feminino.
A Garda Civil co detido. (Foto: Europa Press)
Oleiros

Detido un veciño da Coruña pola presunta agresión sexual a unha menor nas festas de Perillo

Sucedeu o pasado 16 de maio e a vítima foi atendida inicialmente polo persoal do Punto Violeta.
Federico Calvet (no centro, de branco e con bigote) fundou o Dépor.
DEPORTES

A RAG sube á rede o legado do fundador do Deportivo

O fondo da familia Calvet xa está na Galiciana.
Gemma Mengual, subcampioa olímpica, impatirá unha palestra. (Foto: Europa Press).
Fútbol

Conta atrás para o congreso 'O Camiño do Futgal 2024'

A cita arrancará na Coruña o 7 de xuño.
O delegado do Goberno estatal na Galiza, Pedro Branco (no centro), revisando o programa. [Foto: Nós Diario]
POLÍTICA

O Goberno estatal destina 53,1 millóns á Galiza para estender a cobertura móbil 5G aos concellos máis pequenos

Moncloa pretende que ao remate de 2025 todo o territorio galego conte con conexión a Internet de alta velocidade, ben por fibra ou por satélite, e que a cobertura 5G sexa accesíbel para toda a poboación.
Un fotograma de 'Picture and Sound Rushes', de Morgan Fisher. [Foto: S(8)]
star
CULTURA

Os cinemas máis arriscados e innovadores cítanse no festival S(8) da Coruña

Desde mañá até o 9 de xuño, A Coruña acolle a 15ª edición de S(8) Mostra de Cinema Periférico, un festival que exhibe o cinema máis audaz e arriscado e que, por ese motivo, está ausente das carteleiras comerciais.
Os xogadores do Dépor celebrando o triunfo sobre o céspede de Riazor. (Foto: RC Deportivo)
Fútbol

A PREVIA | O Deportivo colide co Castellón na ida da 'Final de Campións'

O partido de ida dispútase ás 21 horas desta cuarta feira en Riazor.
Ana Miranda e Ana Pontón, ante a Casa Cornide (Foto: Nós Diario).
Eleccións Europeas 9-X

O BNG aposta por unha "Europa antifascista" fronte á extrema dereita e ao PP "máis ultra"

"Corren malos tempos para a democracia", aseverou Ana Pontón nun acto ante a Casa Cornide.
Dores Sánchez Alegre, Daniel Romero, Borja González, Francisco Cedeira e Soledad Agra (Foto: Deputación da Coruña).
CULTURA

Pilar García Negro, Nova Escola Galega e Aquí tamén se fala gañan os Premios Rosalía de Lingua

A responsábel de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, presidiu o xurado.
Unha obra do proxecto 'Volátil, Tolemia, Oniria', de Valentina López.
CULTURA

Valentina López López gaña o XIX concurso de fotografía Xurxo Lobato

O premio está destinado ao alumnado de bacharelato, Formación Profesional e estudantes de artes de toda a Galiza, e ten o propósito de potenciar a fotografía
Mobilización na Coruña pedindo xustiza para Samuel Luiz (Foto: M Dylan).
SOCIAL

A Audiencia da Coruña prevé iniciar en setembro o xuízo polo crime de Samuel Luiz

Esta previsión coñeceuse no día en que se informou tamén da decisión do TSXG de excluír do material ao que poden ter acceso os membros do xurado popular os informes realizados por axentes policiais sobre o visionado de imaxes videográficas obtidas nas inmediacións do lugar da Coruña no que faleceu.
O director Bas Wiegers.
CULTURA

O festival Resis propón unha fin de semana dedicada a Luigi Nono

O director Bas Wiegers dirixirá o Arxis Ensemble
Mobilización da limpeza na Coruña (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A limpeza ameaza coa folga se non hai novos convenios

En Pontevedra, os sindicatos anuncian que continuarán coas mobilizacións de non hai acordo na mediación. Mentres, Aspel recúa e recoñecerá a suba salarial de 9,8% na Coruña.
Martín Fernández Prado, Álvaro Rodríguez, Inés Rei, Alfonso Rueda, José Antonio Santano e Ángel Contreras, esta cuarta feira, na Coruña. (Foto: Andy Pérez)
POLÍTICA

Concello da Coruña, Xunta e Estado impulsarán unha comisión para a reordenación urbanística dos peiraos

"É un proxecto de futuro" para a cidade e para Galiza, cun protocolo que abre "unha nova etapa de cooperación interadministrativa para a transformación e reordenación urbanística dos espazos portuarios interiores", celebra Inés Rei.
Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
Agora

Morre un home de 60 anos tras caer da moto na Coruña

Un home de 60 anos que ía a bordo dunha moto morreu na mañá desta terza feira tras sufrir unha caída na cidade da Coruña, concretamente en Matogrande. Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias consultados por Europa Press, ocorreu na AC-10 sobre as 9.30 horas, cando varios particulares chamaban ao 112 para alertar da caída. Con estes datos, o 112 avisou do accidente á Policía Local da Coruña e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou até o lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado. Con todo, os servizos médicos desprazados ao momento tan só puideron confirmar o falecemento do motorista.
Antía Muíño, Guadi Galego, Ugía Pedreira, Uxía Senlle e Natividade González.
CULTURA

Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira actuarán no ciclo Coa Nosa Voz, que se celebrará no Teatro Colón en xuño

"Con esta iniciativa, queremos visibilizar a canción de autora en galego, celebrar a diversidade, a calidade e o talento de mulleres como elas, que nos enriquecen, nos ensinan e levan a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música por escenarios de todo o mundo" sinalou a deputada de cultura, Natividade González.

O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas fechou coa interpretación do Himno Galego. (Foto: RAG)
CULTURA

A "Cidade Alta" celebra Luísa Villalta, creadora "atraente" e "transformadora"

A Coruña acolleu o pleno extraordinario da RAG no Día das Letras.
Pola Coruña pasaron os e as mellores marchadoras do planeta. (Foto: GP Cantóns A Coruña).
DEPORTES

O Gran Premio Cantóns trae á Galiza a mellor marcha mundial

Unha das probas atléticas máis senlleiras e importantes que teñen lugar ano tras ano na Galiza é o Gran Premio Cantóns de Marcha da Coruña. A case 40 anos vista da súa primeira edición, a súa proximidade aos Xogos Olímpicos de París garante a presenza na cidade herculina dos e das mellores do planeta.
Estadio Abanca-Riazor. (Foto: RC Deportivo)
DEPORTES

O Concello da Coruña e o Deportivo renovarán o convenio de Riazor con uso gratuíto durante 25 anos

Inés Rei valora a disposición do club para asinar o convenio para o uso gratuíto de Riazor durante os próximos 25 anos "nos termos propostos polo Goberno, moi parecidos aos agora vixentes e que evitan calquera tipo de especulación co patrimonio público municipal".
A escritora Luísa Villalta. (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
CULTURA

Filoloxía da UDC exporá un manuscrito inédito de 'Os pasos contados'

A mostra ten un texto orixinal do primeiro poemario de Villalta.