Agora

O acusado de asasinar a súa muller en Gondomar en 2020 (Foto: Europa Press).
Agora

Ratifican a condena de 21 anos de cárcere para o home que asasinou a coiteladas a súa muller en Gondomar en 2020

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ditou sentenza na cal desestima os recursos interpostos pola defensa e tamén polas acusacións, no caso de Valentín A.B., que foi condenado a 21 anos de prisión por asasinar a súa muller a coiteladas no domicilio familiar de Gondomar (comarca de Vigo), en decembro de 2020, e ratificou integramente a sentenza condenatoria. A sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica, ditou sentenza, en base ao veredicto dun tribunal de xurado, pola que impuxo 21 anos de cárcere a Valentín A.B., como autor de asasinato da súa muller, Soledad, coas agrabantes de parentesco e xénero.

Luis López e Leticia Santos, esta terza feira na sinatura do convenio. (Foto: Nós Diario)
Agora

Deputación de Pontevedra e Concello de Moaña recuperarán as carpintarías de ribeira

A alcaldesa de Moaña (O Morrazo), Leticia Santos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinaron esta terza un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 dotado con 900.000 euros para financiar un proxecto para a rehabilitación das carpintarías de ribeira da Seara. A iniciativa céntrase na rehabilitación integral das carpintarías de ribeira de Casqueiro e Carlagho e na súa integración na contorna da praza e o paseo que bordea o areal da Xunqueira, na zona moañesa da Seara. 
Concerto de Dioivo. (Foto: Nós Diario)
Agora

O dúo Dioivo presenta en Vigo o seu novo disco, 'Cara os Ceios Incrementes'

O dúo vigués de metal en galego Dioivo presentará no Pub Transylvania da súa cidade natal o seu novo álbum Cara os Ceios Incrementes, cun concerto que terá lugar este sábado día 23 de decembro. A presentación contará coas actuacións do cuarteto segoviano de thrash metal Mortal Maze e o trío vigués de punk rock Karracho. Ademais, xunto a Dioivo subirán ao escenario do Transylvania numerosos artistas da escena rockeira da cidade.
Operación de rescate onte na provincia de Gansu, no norte chinés. (Foto: Zhang Ling / Xinhua News / Contactophoto)
Agora

As autoridades chinesas elevan a 127 a cifra de mortes no terremoto no norte do país

O terremoto máis mortífero na última década na China deixou no mínimo 127 falecementos, indicaron hoxe as autoridades locais. O sismo que golpeou o norte chinés durante a noite, cunha magnitude de 6,2 na escala de Richter, tamén provocou feridas a máis de 700 persoas e danou 155.000 casas. Máis de 2.700 membros de equipos de rescate foron enviados á zona, mais as baixas temperaturas están a dificultar o seu traballo.

Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).
Agora

Un autobús escolar sae da vía en Amoeiro por causa do xeo sen deixar feridos

13 persoas saíron ilesas despois de que se rexistrase unha saída de vía dun autobús escolar na localidade de Amoeiro (comarca de Ourense). Tal como informou a Garda Civil de Ourense, os feitos ocorreron pouco antes das 9 horas desta terza feira e o suceso produciuse como consecuencia do xeo que había na calzada. Foi unha traballadora da compañía a que alertou ao 112 Galiza do accidente. No bus viaxaban 11 menores, o acompañante dos mesmos e a condutora. As trece persoas saíron ilesas do incidente, ocorrido na OU-P-000 que une a OU-0525 con Amoeiro, na parroquia de Abruciños. Até o punto trasladouse o equipo de investigación de sinistros viarios e tamén medios municipais do Concello de Amoeiro, ademais da Garda Civil. Os menores foron trasladados en taxi ao instituto.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome (Foto: Europa Press).
Agora

O PSOE de Ourense pide información sobre os vehículos empregados por Xácome

O PSOE de Ourense solicitou información sobre os vehículos empregados polo alcalde da cidade ourensá, Gonzalo Pérez Xácome, e sobre por que cambiou de coche. No escrito desta solicitude, asinado pola portavoz municipal dos socialistas, Natalia González, pídese información sobre o anterior vehículo de Xácome -un Peugeot 208 cor mostaza- e sobre o novo utilitario de cor branca que, segundo apunta, estaciona no lugar reservado para Alcaldía. Así mesmo, solicita explicacións sobre "por que se cambiou de coche" e se se trata de vehículos comprados ou alugados en forma de renting, así como os seus correspondentes contratos.

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza (Foto: Nós Diario).
Agora

CCOO cualifica os orzamentos galegos como unha "oportunidade histórica perdida"

CCOO cualificou esta segunda feira de "oportunidade histórica perdida" os orzamentos que esta terza feira aprobará o Parlamento da Galiza. O sindicato lamentou que a Xunta da Galiza vaia dispor en 2024 do "maior volume de recursos da súa historia", mais que ao tempo renuncie a "exercer as súas competencias para dar un destino máis ambicioso". "Non apostan polo emprego nin por consolidar o tecido produtivo e non reforzan os servizos públicos nin a protección social", sinalou o sindicato. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, afirmou que as contas teñen unha "marcada carga ideolóxica", pois non inciden no papel do sector público na economía, renuncian a obter máis ingresos —mediante unha política fiscal progresiva e redistributiva— e "non teñen en conta as persoas que peor o están pasando neste contexto inflacionista".
Manuel Baltar no Senado español, nunha foto de arquivo. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Supremo cita esta terza feira Baltar a declarar por un delito contra a seguridade viaria

O Tribunal Supremo citou o senador do Partido Popular José Manuel Baltar ás 10 horas desta terza feira para que declare voluntariamente por un presunto delito contra a seguridade viaria –ao ser "cazado" conducindo a 215 km/h na A-52 ao volante dun coche da Deputación de Ourense–, dándolle así unha segunda oportunidade despois de que non acudira á comparecencia fixada para a semana pasada por razóns de saúde do seu avogado. 
Manisfestación decorrida o pasado sábado en Compostela. (Foto: Nós Diario)
Agora

Persoal de escolas infantís privadas e de xestión indirecta vai esta terza feira á folga

Persoal das escolas infantís privadas e de xestión indirecta volverá saír ás rúas esta terza feira para demandar melloras laborais. Despois de que na segunda tivera lugar outra xuntanza na que as patronais "non trouxeron ningunha proposta concreta e emprazan a outra reunión aos sindicatos para o 15 de xaneiro, despois de levar xa dous anos negociando" o convenio", a CIG-Ensino –maioritario no sector na Galiza– CCOO, UXT e SNEP manteñen a convocatoria de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirectae. Así, a xornada desta terza, que estará acompañada por manifestacións que decorrerán nas cidades de Vigo e A Coruña, será o sexto día de folga no que vai de ano.
A primeira ministra serbia, Ana Brnabic, en novembro. (Foto: AAPIMAGE / DPA)
Agora

O Partido Progresista de Vucic faise coa maioría absoluta na Asemblea Nacional de Serbia

A Comisión Electoral de Serbia confirmou hoxe que o Partido Progresista do presidente Aleksander Vucic obtivo a maioría absoluta nos comicios lexislativos adiantados do domingo con 48% dos sufraxios, duplicando os votos da coalición opositora Serbia contra a Violencia. Ningunha destas candidaturas logrou facerse co control do Concello de Belgrado e a oposición convocou protestas denunciando irregularidades nas votacións na localidade. 

O prezo da luza aumnenta esta segunda feira (Foto: Europa Press).
Agora

O prezo da luz sobe esta segunda feira 28%, até os 97,9 euros/MWh

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista aumentará esta segunda feira, 18 de decembro, 28,34% con respecto aos datos do domingo, até os 97,90 euros por megawatt hora (MWh). O prezo máximo, de 174 euros/MWh, rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o prezo mínimo, de 74,89 euros/MWh, darase entre as 12 e as 13 horas, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). No que vai de decembro, o prezo medio do 'pool' eléctrico sitúase nos 74 euros/MWh, fronte os 134,21 euros/MWh que marcou de media no mesmo mes de 2022.

O accidente de Cortegada.
Agora

Morre un home de 35 anos nun accidente de tráfico en Cortegada

Un home de 35 anos veciño da Valenza (Ourense) morreu esta sexta feira nun accidente de circulación no municipio ribeirao de Cortegada, onde sufriu co seu coche unha saída de vía para acabar impactando contra un noiro despois de atravesar unha leira. O sinistro, no que tamén resultou ferido de gravidade outra persoa que viaxaba de acompañante, produciuse ás 17.10 horas de hoxe no quilómetro 12,6 da estrada OU-801 que une Ribadavia (O Ribeiro) coa fronteira de Portugal. O coche que conducía o falecido, de marca Volskwagen, saíuse da vía nun tramo lixeiramente curvo para invadir unha leira pola que descendeu até impactar contra un noiro. O outro ferido foi trasladado a un hospital en estado grave.
Héctor Carré
Agora

Hector Carré gaña o V Premio Daniel Domínguez de guión en galego

O guión Sinais, de Hector Carré, foi proclamado gañador do V Premio Daniel Domínguez de guión en galego, organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), co respaldo da Fundación SGAE, a colaboración de Filmarket Hub e o patrocinio da Xunta de Galiza. Os outros finalistas, Uxía Diéguez Santiago co seu traballo Furtivo e Gumersindo Novoa Rodríguez con As cores da alma, recibiron recoñecemento por parte do xurado. O xurado, composto polos directivos de AGAG Sara Varela e Ángel Manzano, xunto co representante territorial da SGAE, Víctor Sierra, decidiron por maioría outorgar o galardón a Sinais, sinalando que "este guión propón unha inmersión nas vivencias das persoas con discapacidade auditiva, abordando temas relevantes como o consentimento, a integración nun entorno educativo convencional e o espertar do desexo sexual, todo tratado con autenticidade e empatía". 

O ex presidente estadounidense Donald Trump a pasada semana. (Foto: Andrea Renault / ZUMA Press Wire / d / DPA)
Agora

Trump adianta Biden en todos os Estados chave de cara ás presidenciais de 2024

Donald Trump, presidente dos Estados Unidos entre 2017 e 2021 e, de forma previsíbel, candidato republicano nas eleccións presidenciais de novembro de 2024, está por diante do actual mandatario, o demócrata Joe Biden, nos sete Estados nos que os resultados varían en cada proceso, polo que unha vitoria neles considérase imprescindíbel para alcanzar a Presidencia, revela unha enquisa publicada hoxe pola axencia Bloomberg.

Alcoa-2-1024x593-1
Agora

Industria convoca a mesa de seguimento de Alcoa tras o anuncio de suspensión do forno

O Ministerio de Industria e Turismo convocou para esta sexta feira, día 15 de decembro, a mesa de seguimento de Alcoa, que decorrerá na sede do Ministerio, en Madrid, despois de que a compañía anunciase que apraza "temporalmente" a aprobación definitiva do proxecto do forno de cocción de ánodos. A reunión estará presidida pola secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, e foron convocados representantes da Xunta da Galiza, da empresa e do comité de empresa. Nun comunicado, o Ministerio indica que está "en contacto permanente coa empresa e cos representantes sindicais e segue moi de perto os compromisos adquiridos para seguir avanzando no futuro da empresa".

María Ángeles Espinosa e Leticia Santos, esta quinta feira. (Foto: Unicef)
Agora

Moaña (O Morrazo) recibe o diploma que a acredita como Cidade Amiga da Infancia

Moaña (O Morrazo) xa é oficialmente unha "Cidade Amiga da Infancia". A súa alcaldesa, Leticia Santos, recolleu esta quinta feira o diploma que acredita esta vila morracense como tal, nun acto no que participaron, entre outros, a ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Luís Martínez-Sicluna Sepúlveda, e o presidente de Unicef –entidade que lidera a iniciativa–, Gustavo Suárez Pertierra. Cidades Amigas da Infancia recoñece as entidades locais que "colocan a infancia no centro da Política e das políticas en todas as áreas da xestión local". Xunto a Moaña recibiron tamén o galardón, entre outros, as cidades de Andoain (Euskadi), Benavites (País Valencià) e Polanco (Cantabria).
Mobilización fronte ao HM Rosaleda, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

O persoal da sanidade privada secunda a folga cun "importante" seguimento

O persoal da sanidade privada na circunscrición da Coruña secundou esta quinta feira unha nova xornada de folga convocada pola CIG, CCOO e UXT para reclamar un novo convenio. O seguimento foi "importante", segundo sinalou o responsábel da CIG no sector, Miguel Tizón, que estimou que nalgúns hospitais como o Quirón Saúde e o HM Modelo, ambos na cidade da Coruña, foi de 100%. "Isto quere dicir que a xente está moi concienciada", concluíu.
Pedro Nuno Santo nunha reunión con simpatizantes o domingo. (Foto: Nós Diario)
Agora

A militancia do PS luso elexirá desde mañá quen substituirá Costa á fronte da formación

As e os afiliados ao Partido Socialista luso determinarán nas votacións que darán inicio mañá e que se estenderán até o sábado quen se fará co liderado da organización, que agora ostenta o primeiro ministro en funcións António Costa, de cara aos comicios lexislativos anticipados de marzo de 2024. As enquisas apuntan que o ex ministro de Infraestruturas Pedro Nuno Santos imporase a José Luís Carneiro, titular de Interior, e Daniel Adrião.

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo nunha imaxe de arquivo (Foto: Sergas).
Agora

Falece aos 55 anos a farmacéutica María del Carmen Barciela, esposa do conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña

A farmacéutica María del Carmen Barciela, esposa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, faleceu esta quinta feira aos 55 anos de idade no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo como consecuencia dunha enfermidade. O conselleiro xa suspendera esta cuarta feira a súa presenza nun acto da súa axenda oficial e nesta xornada non asistiu á reunión semanal do Consello da Xunta. Barciela, farmacéutica de profesión, fora diagnosticada hai una ano cunha enfermidade oncohematolóxica que terminou por lle custar a vida.

Janet Novas interpreta María en 'O corno', unha muller que gaña a vida mariscando. (Foto: Elástica Films)
Agora

'O Corno' de Jaione Camborda, nominado aos Premios Feroz

Os Premios Feroz 2024, que terán lugar o 26 de xaneiro en Madrid, completaron esta quinta feira a súa lista de nomeados con dez títulos que compiten polo Feroz Arrebato de ficción e de non ficción, dúas categorías que buscan recoñecer aquelas obras con especiais logros artísticos e achegas innovadoras nos seus respectivos campos. Na categoría de Feroz Arrebato de non ficción, o xurado nomeou o filme galego O corno, de Jaione Camborda; así como La imatge permanent, de Laura Ferrés. O filme de Camborda acumula así máis unha nominación ás múltiples que vén recibindo.