Agora

Papeletas nun colexio electoral de Mos. (Foto: Nós Diario)
Agora

A XEC amplía até hoxe o prazo para votar por correo nas eleccións de Castro Caldelas

A Xunta Electoral Central (JEC) ampliou até esta sexta feira, 24 de novembro, o prazo para o depósito do voto por correo para as eleccións locais parciais que terán lugar este domingo en localidades nas que non se proclamou ningunha candidatura nas municipais do pasado 28 de maio ou se declarou a nulidade total ou parcial do resultado deses comicios. É o caso do concello galego de Castro Caldelas. Repite o domingo 26 de novembro as eleccións municipais, tal e como decretou a xunta electoral ao estimar que se rompeu a custodia e que non se contabilizaron un total de 118 votos por correo.

 

A galega proclamouse recentemente campioa do mundo. (Foto: RFEF).
Agora

O regreso da filla pródiga, Teresa Abelleira, revoluciona Pontevedra

O Estadio Municipal de Pasarón colgou en apenas cinco minutos o cartel de "completo" para ver o partido que enfrontará o combinado estatal de fútbol, comandado pola galega Tere Abelleira, e a selección de Italia o vindeiro 1 de decembro co gallo da disputa da Women’s Nations League. A posibilidade de ver ao vivo en Pontevedra á retornada filla pródiga, así como ao resto das flamantes campioas do mundo, suscitou un grande interese por parte dos seareiras e seareiras que, non obstante, non ocultaron o seu malestar nas redes sociais porque os boletos se esgotasen tan rapidamente, denunciando varias usuarias que había poucos á venda en contraste cos que se reserva a Federación Española.
 
Joaquín Cadilla, María Obelleiro e Xoán Colazo, esta quinta feira na Guarda. (Foto: Nós Diario)
Agora

A campaña pola edición do número 1.000 de 'Nós Diario' recalou na Guarda

Con motivo da edición do número 1.000 do xornal Nós Diario –que saíu do prelo o pasado sábado, 11 de novembro– o salón de plenos da Casa do concello da Guarda (Baixo Miño) acolleu esta quinta feira un encontro aberto, organizado polo propio Concello guardés. No acto tomaron a palabra o mariñeiro Joaquín Cadilla, Xoán Colazo, integrante do Consello de administración de Sermos Galiza –empresa editora do xornal–, e María Obelleiro, directora de Nós Diario. Obelleiro puxo en valor a importancia de que o único xornal impreso en galego chegara até o número 1.000, un feito que agradeceu ás persoas subscritoras "que son as que permiten que poidamos facer un xornalismo verdadeiramente independente, sen ataduras". A xeira de actos continuará esta sexta feira en Melide.
 
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
Agora

Ana Miranda advirte da negación da violencia de xénero pola extrema dereita

No debate sobre o Día Internacional Contra a Violencia Machista que tivo lugar esta quinta feira na Eurocámara a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o asasinato de mulleres (dúas na Galiza das 51 no Estado español no que vai de ano), “é só a punta do iceberg do machismo que impregna toda a sociedade, xa que detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista”. Pese aos datos de mulleres asasinadas, de denuncias formuladas e de sentenzas condenatorias, “atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados partidos políticos de extrema dereita”, alertou a eurodeputada nacionalista, que criticou ademais a alianza de PP e Vox para eliminar orzamentos destinados a mulleres vítimas de violencia de xénero alí onde gobernan.

Protesta de Erguer. Estudantes da Galiza, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

Erguer levántase contra os prezos das cafetarías

Erguer. Estudantes da Galiza denunciou esta quinta feira en Compostela que "os prezos das cafetarías universitarias, reguladas pola Xerencia [da universidade], veñen de sufrir unha fortísima suba". Segundo sinalaron, "o prezo do menú do día subiu a 7,5 euros desde os 6 euros do ano 2021", o que supón un aumento de 25%. "Mais tamén sabedes ben que isto non é un feito illado: o aluguer medio de Compostela, por exemplo, aumentou 41% só desde 2017, e sempre pagamos nós, as estudantes", proseguiron. "Temos non só a responsabilidade, senón tamén a necesidade de alzarmos a voz, mobilizarnos e organizarnos", reivindicou a organización. Ademais, o colectivo demandou "unha universidade democrática e popular, onde a restauración universitaria non só sexa máis accesíbel, senón un dereito de todos e todas as estudantes".
(Foto: CC Cortizo).
Agora

Marc Torres seguirá no Club Padronés-Cortizo

O equipo ciclista Padronés-Cortizo segue traballando no deseño do cadro de persoal co que afrontará a próxima tempada. O seu director deportivo, Marcos Serrano, quere "unha escuadra competitiva" na que os mozos vaian asumindo "máis protagonismo". Por iso, antes de confirmar novas incorporacións tratará de asegurar a continuidade das súas promesas, corredores que renderon a un bo nivel esta campaña e que deberán continuar coa súa progresión en 2024. Nesta liña, logo de renovar os galegos Martín Rei e Alejandro Paz, chegou a quenda do ibicenco Marc Torres, que mostrou a súa "felicidade" por ter a posibilidade de continuar no equipo que lle deu "a oportunidade de saltar de categoría" e de participar "en todo o calendario da Copa de España".
Agora

A 'Sandero Eco Cup' chegará ao Galego de Rally en 2024

A familia do Campionato Galego de Rallyes terá un novo membro en forma de competición monomarca: a Sandero Eco Cup. O vehículo da marca Dacia é un coche que de cara a unha competición que se levará a cabo baixo a ala da Federación Galega de Automobilismo (FGA) foi presentada no recente Rally Ribeira-Ría de Arousa, onde foi presentada oficialmente unha competición que botará a rodar o próximo ano. A maiores, a FGA confirmou no día de onte que a súa tradicional gala de entrega de premios terá lugar no Coliseo Noela de Noia a partir das 19 horas da tarde do 3 de febreiro de 2024.
 
O primeiro ministro luso, António Costa, esta semana. (Foto: Nós Diario)
Agora

Dan comezo os debates e votacións en Portugal do Orçamento do Estado de 2024

A Assembleia da República de Portugal inicia hoxe o debate e votación das máis de 1.900 emendas á proposta de Orçamento do Estado de 2024 efectuada polo Partido Socialista (PS), a última sesión deste tipo con maioría absoluta da formación, antes dos comicios adiantados do 10 de marzo. O PS anunciou que aprobará na primeira xornada "máis de 20 propostas da oposición". Está programado que a votación final decorra a próxima cuarta feira.
O novo presidente neozelandés, Christopher Luxon. (Foto: Guo Lei)
Agora

Nova Zelandia xira cara á dereita

Máis dun mes despois das eleccións lexislativas do 14 de outubro, os conservadores Partido Nacional, ACT e Nova Zelandia Primeiro anunciaron un acordo para conformar o Executivo máis á dereita da historia do país oceánico, que estará liderado por Christopher Luxon, da primeira forza.
EuropaPress_5594441_bng_ca_psoe_presentan_mocion_conjunta_pedir_xunta_financie_parking_clinico
Agora

Compostela: "fronte común" do BNG, CA e PSdeG para pedir á Xunta que asuma o custo do aparcadoiro do CHUS

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e PSOE no Concello de Santiago levarán ao pleno ordinario deste mes unha moción conxunta para pedir á Xunta da Galiza que "asuma as súas competencias" e asuma o custo dun novo aparcamento para o Hospital Clínico Universitario (CHUS). María Rozas (CA), Miriam Louzao (BNG)  e Gonzalo Muíños (PSdeG) compareceron xuntos para presentar esta iniciativa coa que buscan facer unha "fronte común" para que a Administración galega "mellore a mobilidade" e o aparcamento no CHUS, un problema "xa existente desde hai 24 anos" que se agravará coa construción do Centro de Protonterapia. Miriam Louzao, instou o Goberno galego non só a habilitar máis aparcamento, se non a poñer solucións á mobilidade da área con transporte colectivo para os traballadores.

Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

A oferta de vivenda en venda diminúe na Galiza 10%

A oferta de vivenda en venda diminuíu na Galiza no terceiro trimestre do ano ao redor de 10%. Así o recolle un informe do portal inmobiliario idealista que precisa que na provincia da Coruña cae  16%, na de Lugo, 14%, en Ourense 4% e en Pontevedra, 6%. O mesmo ocorre nas capitais de provincia. Así, na cidade da Coruña cae 11$ e na de Lugo, 10%. No caso de Ourense é de 7% e na de Pontevedra 3%.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un incendio afecta varios coches e provoca danos na fachada dun edificio de Vila de Cruces

Un incendio afectou tres coches e provocou danos na fachada dun edificio da localidade de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo informa o 112, o lume causou danos materiais nos estantes máis próximos ao exterior do baixo comercial, que se viu tamén danado pola calor. Igualmente, rebentou parte da fachada e o fume afectou á xanela do primeiro piso. Pouco antes das 2:30 horas da pasada madrugada, un particular contactou co 112 Galiza para explicar que estaba a arder un coche na Rúa Soto,. Á beira, había un edificio e máis vehículos estacionados. Pouco despois, outros particulares chamaron ao 112 Galiza para explicar que o lume se propagara a outros dous coches e que xa afectaba á fachada do edificio máis próximo.

EuropaPress_5593936_reunion_mesa_impulso_actividad_economica_as_pontes
Agora

Preacordo para que traballadores de auxiliares de Endesa realicen o predesmantelamiento

Os actores implicados alcanzaron a pasada noite un preacordo na Mesa para o Impulso da Actividade Económica das Pontes, co obxectivo de manter o emprego dos traballadores das empresas auxiliares da central térmica durante os labores de predesmantelamiento destas instalacións. Na reunión acordouse aceptar a nova proposta de Endesa, condicionada a que a empresa que resulte adxudicataria destes traballos ten que garantir a contratación dos traballadores das actuais auxiliares e co obxectivo do mantemento do emprego, aproximadamente uno oitenta operarios. No encontro participaron a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lourenzá, así como o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e representantes do Instituto de Transición Xusta, de Endesa e dos sindicatos CIG, UXT e CCOO, ademais da Confederación de Empresarios

Xosé Regueira e Antonio López, esta cuarta feira, asinando o convenio. (Foto: Deputación da Coruña)
Agora

A Deputación da Coruña e a USC analizarán a situación económica galega

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinou esta cuarta feira un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, para a colaboración entre ambas as institucións no programa "A Economía Galega. Informe 2022". Este proxecto consiste na elaboración dun informe anual sobre a economía galega no que se realiza un estudo sobre a dinámica recente e os problemas socioeconómicos da Galiza.
Exemplar de píllara das dunas. (Foto: Mário Estevens)
Agora

A USC colaborará na protección da píllara en praias da Galiza e de Portugal

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) coordinará o proxecto Iberalex, que desenvolverá até 2026 accións destinadas á conservar e mellorar o hábitat de especies de fauna e flora que viven en praias da Galiza, Portugal e Asturias, como é o caso das aves chamadas píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) ou o pernileiro común (Burhinus oedicnemus). O investigador principal será o profesor da Facultade de Bioloxía Jesús Domínguez Conde, mais tamén participarán outros dous docentes.
Alberto Ferreiro, Abel Gómez, Pilar Lueiro e Alberto Del Río. (Foto: Concello de Santiago).
Agora

O Ciclocrós Cidade de Santiago reunirá perto de 300 participantes de entre 14 e 69 anos

Este domingo, 26 de novembro, e nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete, preto de 300 ciclistas de entre 14 e 69 anos chegados de todos os recunchos do país e mesmo de fóra do territorio galego pedalearán os 2.600 metros dun renovado circuíto do Ciclocross Cidade de Santiago, proba que forma parte da Copa Galiza da modalidade. A concelleira de Deportes da capital, Pilar Lueiro, acompañada de Abel Gómez (presidente do Club Ciclista Compostelano), Alberto Del Río (técnico da Federación Galega de Ciclismo) e Alberto Ferreiro (técnico do Club Ciclista Compostelano) presentaron onte un certame que botará a rodar ás 9.30 horas da mañá e que conta coa categoría de evento puntuábel para a Copa de España de Ciclocrós.
O presidente de LaLiga, Javier Tebas, nunha imaxe de finais de xullo. (Foto: José Oliva / Europa Press)
Agora

Javier Tebas presenta a súa dimisión como presidente de LaLiga e convoca eleccións

Javier Tebas, presidente de LaLiga, presentou a súa dimisión como máximo dirixente da competición para adiantar o proceso electoral previsto para o vindeiro ano 2024. Trátase dun movemento estratéxico destinado a que, antes de que conclúa o ano, se nomee o novo presidente da institución. Tebas presentarase para optar a un cuarto mandato á fronte da patronal dos clubs tras ser nomeado en decembro de 2019 sen necesidade de Asemblea Xeral Extraordinaria, porque non houbo oposición.

palestina flafg
Agora

Prohibida a simboloxía palestina no Breogán-Hapoel Holon da ‘Champions’

O Río Breogán compartiu nas súas redes sociais un comunicado onde se informa da prohibición de entrar ao Pazo Provincial dos Deportes de Lugo con bandeiras ou simboloxía relacionadas co conflito entre Palestina e Israel, durante o partido entre a equipa galega e o Hapoel Holon israeli que terá lugar hoxe, cuarta feira, en Lugo dentro da Basketball Champions League (BCL.  "Apços as conversas previas mantidas coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a propia competición, prohíbese a introdución e, polo tanto, a exhibición na instalación de pancartas, bandeiras, símbolos ou outros acenos susceptibles de alterar a orde pública con base na situación de conflito internacional actual", sinala o comunicado A decisión enmárcase no Real Decreto 203/2010 polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte. A plataforma ‘Lugo por Palestina’ lamenta a presenza en competicións internacionais de equipas israelís.

susan sarandon
Agora

A actriz Susan Sarandon, despedida da súa axencia de representación por apoiar Palestina

Apoiar Palestina ou simplemente criticar a intervención israelí en Gaza pasa factura en Hollywood. A industria do cinema estadounidense non limita o seu apoio a Israel nos filmes, senón que tamén se apunta a manter o discurso sobre o que acontece en Palestina como unha cuestión entre a “democracia israelí ”contra o “terrorismo”. A axencia UTA, unha das máis prestixiosas do sector, vén de despedir a actriz Susan Sarandon, gañadora de 1 Oscar polo seu apoio a Palestina e críticas á política de Israel cara ao pobo palestino. Ademais, a actriz mexicana Melissa Barrera non protagonizará a vindeira entrega de 'Scream' por se posicionar nas redes sociais contra a intervención en Gaza.

En 2020 o título foi para a hoxe internacional Antía Chamosa.  (Foto: FGA).
Agora

O Campionato da Galiza de Marcha será na Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal foi a sede escollida para acoller o O XVI Campionato Xunta da Galiza de Marcha en Pista de Inverno, a onde chegará o vindeiro domingo, 26 de novembro, a partir das 10.30 horas da mañá. Organizada pola Federación Galega de Atletismo (FGA), en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o Concello da Pobra do Caramiñal, o concelleiro de Deportes local, Eloy Sobrado, explicou nun acto de presentación que tivo lugar onte que os competidores e competidoras serán da partida nas categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18, Sub-20, Sub-23, absoluta e Máster tanto na modalidade masculina como na feminina, e que os distintos horarios de saída arrancarán ás 10.30 horas coa Sub-10 e rematarán ás 13.10 coas categorías superiores á Sub-18.