Agora

Cristina Cid e María López (Foto: Concello de Allariz).
Agora

Allariz presenta unha nova edición do 'Allariz de Medo'

O Concello de Allariz celebrará a sétima edición do Allariz de Medo, coincidindo coa festividade de Samaín, unha festa rescatada da antiga tradición celta. Durante o período que abrangue os días do 27 de outubro ao 1 de novembro, almas, bruxas e seres do máis alá reuniranse na localidade allaricense. “O ambiente nas rúas enriquécese con varias animacións ao longo destes días”, indicaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e a concelleira de Promoción Económica, María López, presentaron esta sétima edición do Allariz de Medo acompañadas de parte dos seres que habitarán Allariz durante o Samaín.

O palestino Tamer Seyam, á esquerda, e o xordano Abu Arab. (Foto: Europa Press)
Agora

A selección de Palestina xogará os seus partidos como local en Alxeria

En escenarios como o vivido en Gaza, o deporte sempre pasa a un segundo plano. Non obstante, e como se adoita dicir en inglés, show must go on, o espectáculo debe continuar, e nas últimas horas a Federación Alxerina de Fútbol (FAF) revelou que de agora en diante a selección de Palestina disputará os seus partidos como local no país norteafricano. Inmerso na disputa das clasificatorias para a Copa do Mundo de 2026 e a Copa Asiática de 2027, o combinado palestino debutará en Alxeria o próximo 21 de novembro, nun partido ante Australia, que conforma o Grupo '1' mundialista xunto coas Maldivas e Bangladesh. O máximo responsábel da FAF, Jibril Rajoub, tamén confirmou que a entidade que preside asumirá "todos os gastos ligados a estes eventos" da selección palestina.
Apertura en Tirana, Albania, do cume UE-Balcáns Occidentais.
Agora

A UE reclama reformas aos países dos Balcáns Occidentais para aceptalos no mercado único

A presidenta do Executivo da Unión Europea (UE), Ursula von der Leyen, instou esta segunda feira en Albania, na cimeira entre o bloque comunitario e cinco Estados dos Balcáns Occidentais, amais da autoproclamada República de Kosovo, os países da rexión a efectuar reformas económicas guiadas por Bruxelas para aceptar a súa inclusión no mercado único da UE, nunha reunión marcada polas tensións no norte de Kosovo nos últimos seis meses.
Portal do edificio número 6 da rúa Afonso X O Sabio de Vigo, onde catro persoas, tres delas menores, faleceron a causa dun incendio. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
Agora

Un dos feridos no incendio de Vigo é dado de alta mentres que catro continúan na UCI

Un dos feridos durante o incendio rexistrado na madrugada da pasada cuarta feira nun edificio de Vigo, no que faleceron catro persoas, foi dado de alta, mentres que outros catro continúan nas unidades de coidados intensivos (UCI) de diferentes centros hospitalarios galegos e unha sexta persoa atópase en planta do Hospital Povisa. Así se desprende da última información da Consellaría de Sanidade, que asegura que tres pacientes están na UCI de Povisa, dúas en estado crítico e un con prognóstico reservado. Pola súa parte, a persoa que está en planta deste centro ten unha evolución favorábel e outro ferido xa foi dado de alta na sexta feira.

Protestas do persoal de Navantia Ferrol (Foto: Europa Press).
Agora

Novas protestas en Navantia Ferrol polo "incumprimento" por parte da empresa do convenio

Delegados do comité de empresa de Navantia Ferrol e das federacións de Industria dos sindicatos CIG, CCOO e UXT, protestaron desde as 05 horas desta segunda feira no acceso ao interior deste estaleiro de traballadores de varias empresas auxiliares, ás que acusan de non cumprir cos acordos salariais recollidos no convenio do metal e no anexo para os dous centros de traballo que a empresa naval pública ten na ría de Ferrol. Os representantes sindicais posicionáronse en ambas as portas e reclamaron que a empresa cumprise os acordos.

Sede da Audiencia da Coruña (Foto: Google).
Agora

Piden 20 anos para o acusado de asasinar a súa nai en Oroso e 12 anos polo incendio que provocou para dificultar a investigación

Fiscalía pide 20 anos de cárcere para o home acusado de asasinar a súa nai en Oroso (comarca de Ordes) en 2021 e 12 anos polo incendio posterior para tratar de dificultar a investigación. A sección primeira da Audiencia da Coruña xulgará este caso, que procede do xulgado de instrución número 2 de Ordes, os días 16, 17 e 19, a partir das 9.45 horas. O fiscal considera que os feitos son constitutivos do delito de asasinato, polo que solicita 20 anos de prisión, así como medida de liberdade vixiada por período de cinco anos despois do cumprimento cuxo contido se determinará en execución de sentenza conforme as previsións do artigo 106 do Código penal.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Tres feridos nunha colisión entre dous coches en Saiáns, Vigo

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión de dous coches rexistrada na estrada de Camposancos ao seu paso por Saiáns, no municipio de Vigo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o sinistro produciuse esta sexta feira e foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar un dos ocupantes dos turismos implicados. Unha vez liberada a vítima, os servizos de Urxencias Sanitarias 061 trasladaron ás tres persoas feridas o centro hospitalario de referencia.

Terminal do aeroporto coruñés de Alvedro (Aena)
Agora

A Coruña lidera o crecemento de pasaxeiros nos aeroportos galegos en setembro

A terminal da Coruña, cun incremento dos seus pasaxeiros de 16,9%, lidera o crecemento nos aeroportos galegos en setembro, alcanzando os 114.966. O de Santiago-Rosalía de Castro experimenta unha lixeira suba, de 0,8%, en relación co mesmo mes do ano pasado, até os 341.407 viaxeiros transportados. Son 21,3% máis que en igual período de 2019. E en Vigo, o aumento é de 12%, até 107.628 viaxeiros en setembro de 2023 respecto a setembro de 2022, e de 16% en relación co noveno menos do ano prepandemia.
O accidente produciuse na estrada N-VI.
Agora

Tres persoas resultan feridas ao caer por un desnivel o coche no que viaxaban, en Sada

Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario tras saír da vía o coche no que viaxaban en Sada (comarca da Coruña) e caer por un desnivel, trasladaron desde a central de emerxencias do 112-Galiza. Ocorreu a primeira hora da mañá desta sexta feira e foi un dos implicados quen contactou con Emerxencias para informar do sinistro na estrada N-VI ao seu paso polo polígono Espírito Santo, na parroquia sadense de Soñeiro. Cando os bombeiros chegaron, observaron que unha das persoas feridas no accidente aínda estaba no interior do coche e axudárona a saír, aínda que non foi necesario o uso de equipos de excarceración. As tres persoas afectadas foron atendidas polos sanitarios no lugar, e logo trasladas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Vladimir Putin. (Foto: Gavriil Grigorov / Kremlin / Europa Press)
Agora

Vladimir Putin: "Apostamos pola creación do Estado de Palestina"

Rusia mostrou a súa "extrema preocupación" polos combates que se veñen tendo lugar e os ataques por parte de Israel a Gaza. A Federación rusa advertiu do "risco dunha expansión do conflito en toda a rexión" e apostou pola creación do Estado de Palestina a través do seu presidente Vladimir Putin. A solución de que haxa dous Estados, Israel e Palestina, con soberanía propia, foi apoiada pola China, que solicitou a ambas as partes lograr "o antes posíbel" un alto o fogo para poder explorar dita vía de paz.
Incendio en Trabada (Foto: @Incendiosgalic1).
Agora

Activo un incendio en Trabada que xa calcina 100 hectáreas mentres o de Avión, xa estabilizado, queima 70

O concello de Trabada (A Mariña) rexistra un incendio forestal, activo, na parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural supera as 20 hectáreas de superficie queimada. O fogo comezou ás 15.16 horas desta quinta feira e para o seu control foron mobilizados por agora catro técnicos, seis axentes, nove brigadas, catro motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, seis avións e tres helicópteros. Mentres, segue estabilizado o incendio en avión que arrasou unhas 70 hectáreas. Para estabilizalo foron mobilizados, en conxunto, catro técnicos, 22 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, tres pas, dous avións e un helicóptero.

Dous brigadistas forestais traballan para extinguir as lapas no incendio forestal de Baleira, a 30 de marzo de 2023. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

Un incendio forestal activo en Avión afecta xa 20 hectáreas

Un incendio forestal activo no concello ribeirao de Avión afecta xa máis de 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións que vén de trasladar a Consellaría do Medio Rural. O lume afecta a parroquia de Nieva, comezou ás 21.34 horas desta cuarta feira e para o seu control foron mobilizados, polo de agora, dous técnicos, oito axentes, 21 brigadas, 14 motobombas e dúas pas.
O rei Felipe VI, no desfile da Hispanidade do pasado ano. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

Rueda asistirá hoxe en Madrid ao desfile da Hispanidade, ao que non acudirán Urkullu e Aragonès

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, participará nos actos conmemorativos deste 12 de outubro con motivo do Día da Hispanidade en Madrid. Á cita acudirán todas as e os presidentes das súas respectivas comunidades autónomas coa excepción, como vén sendo habitual, dos dirixentes de Euskadi, Iñigo Urkullu (PNV), e Catalunya, Pere Aragonès (ERC). Rueda e os demais mandatarios estarán na tribuna xunto ao presidente español, Pedro Sánchez, e mais os seus ministros e ministras e, aliás, o rei Felipe VI e a raíña Letizia.
Aitor Bouza (Foto: PSOE).
Agora

Aitor Bouza é elixido como novo líder do PSOE de Compostela

O que fora secretario xeral das Xuventudes Socialistas da Galiza Aitor Bouza será o novo secretario xeral do PSOE compostelán ao encabezar a única candidatura presentada nas primarias locais convocadas tras a marcha do que fora alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo. En concreto, o prazo de presentación de candidaturas para liderar o PSOE local finalizou ás 14 horas desta cuarta feira e o proxecto de Bouza é o único que concorreu ao proceso.A súa candidatura será proclamada o próximo 21 de outubro e no seu proxecto inclúense nomes como os do delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, e a socialista compostelá Marta Álvarez Santullano, tal e como o propio Bouza confirmou.

Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía (Foto: Felipe Loroño).
Agora

Prisión provisional e sen fianza para o garda civil que se atrincheirou cunha muller nun piso de Vilagarcía

O Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o garda civil que na madrugada da terza feira se atrincheirou nun piso de Vilagarcía de Arousa cunha muller, proferindo ameazas desde o seu interior. O home pasou a disposición xudicial esta cuarta feira e o xulgado de garda considerou que concorre nun delito de quebrantamento e ameazas.Segundo fontes próximas á investigación, algúns veciños alertaron ás forzas de seguridade do que estaba a ocorrer ao escoitar as ameazas que profería o home que, segundo confirman, non posuía armas.

Bandeira de Palestina. (Foto: Nós Diario)
Agora

Celtistas denuncian a requisa de bandeiras de Palestina en Balaídos por parte dunha "cínica" Liga

O colectivo celtista Nós denuncia a requisa de bandeiras de Palestina no último partido do Celta en Balaídos, o do pasado domingo ante o Xetafe (2-2), por parte da Liga que preside Javier Tebas. "A mesma cínica e hipócrita Liga que apoia outras bandeiras nos marcadores das retransmisións deportivas, ordenou á Policía que se requisasen bandieras palestinas a moitas celtistas", censura a agrupación, nun comunicado no que reivindica tamén "esa parte do celtismo sempre solidario que quería amosar o apoio a un pobo que leva décadas masacrado e expulsado do seu propio territorio". "Non foi un protocolo de seguridade, foi un protocolo de represión e mordaza prohibindo bandeiras que son totalmente legais", conclúen.
bus urbano santiago (Foto: Arxina)
Agora

Os usuarios de autobús urbano soben 19,7% en agosto na Galiza

Os usuarios de autobús urbano subiron 19,7% en agosto na Galiza en relación co mesmo mes do ano anterior, até os 4,6 millóns de persoas, segundo os datos que publica esta cuarta feira o INE. No que vai de ano, o aumento acumulado é de 19,9%. Mentres, no conxunto do Estado español máis de 335,7 millóns de pasaxeiros e pasaxeiras utilizaron o transporte público en agosto, 22,5% máis que no mesmo mes de 2022. O transporte urbano incrementouse en 23,5% en taxa anual e o interurbano 22,1%. Dentro do interurbano, destaca o incremento de 33,3% no transporte por ferrocarril.

Rhut Reza, Erea Blanco e Luís Seara en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
Agora

O BNG de Ourense afea a actitude de Xácome nos plenos e propón modificar o Regulamento

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Ourense afeou as actitudes do rexedor municipal da cidade, Gonzalo Pérez Xácome, nas últimas sesións plenarias, anunciando que presentarán iniciativas encamiñadas a cambiar o que consideran "un despropósito que vai en aumento". A edil nacionalista, Erea Branco avanzou que proximamente trasladarán unha proposta de modificación do Regulamento de Funcionamento Orgánico do Concello. "Entendemos que o funcionamento do Concello non está a ser adecuado e está na nosa man modificar esta ferramenta, que debe actuar a favor da participación e do debate, non servir aos intereses de quen estea no poder nese momento", manifestou a concelleira.

Sede do TSXG, na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
Agora

Un home é condenado a pagar 3.960 euros por abusar sexualmente dunha veciña nun ascensor

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza confirmou a condena do pago dunha multa de 3.960 euros a un home por abusar sexualmente da súa veciña nun ascensor. Desta forma, avalou a sentenza da sección sexta da Audiencia da Coruña, que no seu relato de feitos probados indica que, o 23 de xullo de 2019, o acusado, "con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais e aproveitando o feito de que a prexudicada subía con el no ascensor do seu edificio", pediulle que lle dese un abrazo, ao que accedeu a prexudicada por ser coñecidos e manter unha relación de amizade e veciñanza desde hai moitos anos. Nese momento, segundo o fallo, agarrou á muller "fortemente polas nádegas, mordeuna na zona do pescozo e lambeulle o lóbulo da orella dereita, á vez que tentaba darlle bicos", até que a vítima o apartou cos brazos, momento en que conseguiu saír do ascensor.

Avión de Air Europa.
Agora

Air Europa sofre un ciberataque e pide aos seus clientes que cancelen as tarxetas de crédito

A aeroliña Air Europa sufriu un problema de ciberseguridade que afectaría a plataforma de pagamentos co que se xestionan as compras a través da web, segundo confirmou o equipo de sistemas da compañía, que asegurou que, nestes momentos, todos os seus sistemas funcionan "con total normalidade" e garantiu a seguridade operativa. Este ciberataque á aerolínea, que supón unha alteración "fraudulenta" do fluxo no proceso de pagamento, permitiría a extracción de datos das tarxetas de crédito dos clientes. Air Europa recomenda aos seus clientes que identifiquen a tarxeta usada para realizar o pago na páxina web da aerolínea e que se poñan en contacto inmediatamente coa súa entidade bancaria para cancelar a tarxeta que utilizasen para pagar co obxectivo de evitar "o posíbel uso fraudulento da súa información".