economía

O diñeiro negro vai en aumento no Estado
ECONOMÍA

O PIB per cápita en Galiza é 11% inferior á media española e fica 35% por baixo do de Madrid

Está en 21.358 euros, 2.600 euros menos que a media no estado español, 23.970. A economía galega medrou en 2016 un 3,4%, 2 décimas por riba da media. 

pataca
ECONOMÍA

A perda por lucro cesante nas explotacións afectadas pola couza guatemalteca é de 8.000 euros por hectárea

O SLG pide que as indemnizacións aos produtores afectados por esta praga cubran o lucro cesante.

BNG Fruga Oruga en marea
ECONOMÍA

Fruga e Oruga reivindican o seu dereito a ter presenza nos órganos da administración para o rural

No 2002 foron as últimas eleccións e delas saíu o Consello Agrario Galego, composto por tres organizacións representativas. Quince anos despois, esa foto mantense fixa malia que realidade é moi diferente. 

ECONOMÍA

As traballadoras en Galiza deixan de percibir 2.230 millóns de euros cada ano pola fenda salarial

O salario medio dunha muller galega na actualidade está ao nivel do soldo medio que un varón cobraba en 2004, hai 13 anos. 

500 euros diñeiro cartos
ECONOMÍA

A gran banca europea obtén 26% dos seus beneficios en paraísos fiscais

Son 25.000 millóns de euros de ganancia, segundo un estudo de Fair Finance e Oxfam. Algo, sosteñen, “nada acorde”coa actividade económica real das entidades financeiras nesas xurisdicións.

ferroatlantica
Fotografía de Xurxo M. Rodríguez Baña
ECONOMÍA

O Comité de Ferroatlántica non acudirá á reunión convocada pola dirección

Considera un “insulto” a insistencia da empresa en manter unha xuntanza e manter a intención de se desfacer das hidroeléctricas.

mans
ECONOMÍA

A pensión media galega é un 15% inferior á española

A de xubilación é un 17% menos e a de incapacidade un 11%. Galiza é o segundo territorio do estado coas pensións máis baixas

Eusebio Rey Cachafeiro
ECONOMÍA

“Somos una mostra de ata onde podemos chegar as empresas galegas”

Eusebio Rey Cachafeiro é director xeral de Prosistemas, una firma galega que comezou o ano coa obtención, por segunda vez, do ‘Golden Troweld Award’ en Estados Unidos, un premio que se coñece como os Oscar do sector do formigón e a construción.  “As empresas galegas poden axudar a erguer a autoestima deste país”, afirma.

Concentracion Convenio metal
ECONOMÍA

“Ou solución ou mobilización”. O metal da Coruña non desbota convocar unha greve

Por volta de 400 delegados concentráronse diante da sede da patronal.

Mar pesca barco Mikel arrazola
ECONOMÍA

O Brexit afectaría 1.800 mariñeiros e 140 barcos de capital galego

Os armadores piden que se fagan valer os dereitos adquiridos e advirten que a pesca galega ten moito en xogo neste tema.

Vacas pacendo
ECONOMÍA

Fruga constata o fracaso do acordo lácteo e lembra que Galiza segue a ter os prezos máis baixos

A Federación afirma que nin sequer se logrou un modelo de contrato único “que evite os abusos das industrias”.

AntonArias
ECONOMÍA

Arias achaca a crise na CEG a “formulacións do pasado” e “ambicións persoais dalgúns”

O presidente da patronal afirma nunha entrevista en ‘Galicia por Diante’ que as polémicas internas “non responden á verdadeira realidade” da Confederación de empresarios.

Maria do Carmo García Negro
Entrevistamos María do Carme García Negro

"A crise para Galiza foi unha convulsión total"

A crise non é unha abstracción. Para debullarmos no concreto as súas causas, desenvolvemento e efectos acudimos á análise privilexiada de María do Carme García Negro, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais (USC), especialista en economía aplicada. Entrevistámola no A Fondo Dez anos dunha crise capitalista que non remata. Eis un extracto.

ferroatlantica
Fotografía de Xurxo M. Rodríguez Baña
ECONOMÍA

Cee e Dumbría arroupan os traballadores en greve de Ferroatlántica

Centos de persoas enchen a Praza do Concello de Cee ao lema “As nosas centrais non se venden”. O Comité cifrou nun 100% o seguimento do paro nas factorías da Costa da Morte.

Juan_Maria_Ollora_politikari_gasteiztarra
Juan Mari Ollora Otxoa

“O autogoberno non se concibe sen benestar para a cidadanía, e iso implica financiamento propio”

Político e economista vasco, foi un dos partícipes na negociación do cupo de Euskadi. Vai estar en Galiza este sábado para tomar parte no debate ‘Novo modelo de financiamento para Galiza’ que organiza a Fundación Galiza Sempre.

pescanova asemblea
Suso García

“Coa folga queremos deixar claro que non imos permitir a precarización en Pescanova”

O cadro de persoal de Pescanova aprobou en asemblea convocar dúas xornadas de greve, 14 e 21 deste mes, no marco das medidas contra o bloqueo da negociación. Perto de 500 traballadores están chamados a secundar a protesta. Falamos con Suso García, da Federación da Fgamt da CIG, sobre este conflito: “Durante a crise de Pescanova os traballadores actuaron con responsabilidade e agora a empresa quere que eles asuman o custo do seu plan estrela”.

 

ECONOMÍA

O leve aumento de prezos non frea o feche de explotacións galegas

O ano comezou con 42 granxas menos que no último mes de 2016. O prezo medio do leite en Galiza continúa por baixo da media española embora reducir a fenda.

pataca
ECONOMÍA

O Real decreto do Ministerio sobre a couza guatemalteca non convence a Fruga

A Federación Rural Galega empraza a Consellaría a consensuar un plan co sector que contemple axudas para as persoas afectadas.

Citroen
ECONOMÍA

Peugeot Citröen compra Opel por 2.200 millóns de euros

Peugeot Citroën fecha a compra de Opel e da súa filial financeira en Europa por 2.200 millóns de euros. Nace así o segundo maior consorcio automobilístico en Europa, só por detrás de Volkswagen. Na Península terá catro factorías, unha delas en Vigo, e 13.600 traballadores.

Antón Arias, presidente da Confederación de Empresarios da Galiza
ECONOMÍA

A patronal galega afronta o risco do seu esfarelamento

A confederación de empresarios de Pontevedra debate se pide a baixa temporal na CEG, onde o seu novo presidente, Antón Arias, apenas leva un mes no cargo; alegando supostos “agravios”. A de Ourense formúlase seguir a vía dos pontevedreses.