eleccións galegas 2016

Ana Pontón
POLÍTICA

BNG di estar preparado para calquera escenario electoral

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, urxiu Feijóo a aclarar a data.

POLÍTICA

Feijóo anunciará hoxe a data das eleccións

O presidente da Xunta reunirá esta tarde a súa equipa de goberno.

Xulio Ferreiro
POLÍTICA

Xulio Ferreiro: “Iñigo Errejón e Pablo Iglesias aproban este proceso”

O alcalde da Coruña, nunha entrevista en Ser Galicia, afirma que non concibe un escenario con “En Marea por un lado e Podemos para outro” e di que a dirección estatal do partido podemita “comprende o que estamos a facer en Galiza”.

POLÍTICA

Feijóo abre a porta a unha alianza co PSdeG

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG nas eleccións galegas apoia a vía de procurar o respaldo socialista para "completar" a súa maioría se esta por si propia non chega para gobernar. Descarta ser “xefe da oposición” en caso de saír derrotado o PP dos comicios.

Leiceaga e Pilar Cancela
POLÍTICA

A división interna no PSdeG deixa pegada nas candidaturas electorais

Os críticos con Leiceaga acusan a xestora de non ser quen de “procurar a integración” nas listas.

bng ana olalla noa mini luis
Bases Programáticas

O BNG reivindica a ilusión e propón un 'plan de choque' para cambiar a Galiza “en situación de emerxencia” que deixa o PP

Os nacionalistas presentaron en Compostela as liñas básicas dun programa no que apostan por un outro país diferente ao que fica após sete anos de gobernos de Núñez Feijóo. “Galiza necesita un proxecto de país, non un corta e pega de Ferraz, Génova ou da Complutense “, dixo a portavoz nacional, Ana Pontón.

coordenadora marés
POLÍTICA

A maré concorrerá como partido instrumental ás eleccións galegas

Beiras, Manuel Antelo, Rubén Pérez ou Eva Solla, entre outros, integran a coordenadora provisional, na que tamén hai 2 inscritas de Podemos.

Podemos galicia asamblea
POLÍTICA

A asemblea de Podemos Galiza vota a favor de concorrer en solitario ás eleccións galegas

A opción tivo 156 apoios fronte aos 36 partidarios de ir nunha alianza ou coligazón 'instrumental' con forzas como Anova, EU e as marés. A resolución non é vinculante, pois esta será a que tomen os inscritos do partido nunha votación telemática.

podemos asemblea
POLÍTICA

A pregunta de Podemos ás bases descarta a opción dun partido instrumental

As dúas opcións que se someten a votación telemática son en alianza electoral con outras forzas ou en solitario.

camen santos podemos
POLÍTICA

Carmen Santos insta a “definir xa como nos presentamos ás eleccións”

A secretaria xeral de Podemos Galiza considera que non cabe máis demora na decisión. O partido realiza en Compostela unha asemblea xeral para acordar se acode á asemblea das marés do sábado.

POLÍTICA

Ana Pontón consideraría “lamentábel” que a data das eleccións galegas a determinen Urkullu ou o xuízo da Gürtel

Poucos minutos antes de saber en que data irá convocar o lehendakari as eleccións vascas, a líder do BNG fixo unhas declaracións aos meios en que insta Feijóo a que esclareza canto antes se o goberno vasco ou o xuízo da Gürtel determinarán a data de realización das eleccións galegas.

POLÍTICA

O 2 de outubro perfílase como a data en que poderían coincidir as eleccións galegas e as vascas

O lehendakari anunciará presumibelmente esta sexta feira a data para a realización das eleccións vascas. En 2009 e 2012 os comicios vascos e galegos coincidiron. Feijóo e Urkullu mantiveron recentemente unha reunión e o asunto estivo sobre a mesa.

Crític@s de Podemos queren iren sós ás eleccións galegas
POLÍTICA

Crític@s de Podemos queren iren sós ás eleccións galegas

Conferencia de imprensa de distintos portavoces de Xuntos Podemos, corrente crítica da formación morada na Galiza.
POLÍTICA

Os críticos de Podemos piden non acudir á asemblea das marés e instan a concorrer en solitario

Acusan os tres alcaldes promotores do manifesto de “traizón” e refusan facer parte nunha marea galega cuxo proceso de confluencia xulgan "mal feito, sen lexitimidade democrática".

Beiras, na súa intervención
Defínese como "factor subsidiario"

Beiras quer un partido instrumental, o que choca con Podemos

Anova elixiu o parque de Galeras para conmemorar o Día da Patria. Fíxoo cun acto político no que a formación política lle deu voz a Carlos Aymerich, que compartiu estrado co propio Xosé Manuel Beiras, Lidia Senra, Antón Sánchez e Iria Otero.

POLÍTICA

A proposta de Luís Villares como candidato das Mareas, nas mans de Beiras

Os indiscutíbeis dirixentes do proceso das Mareas -os tres alcaldes- apostan claramente no maxistrado como o candidato do consenso para as eleccións galegas. Mais o consenso, para ser real, ten de pasar previamente un filtro, o de Beiras.

CABEZAS DE LISTA CANDIDATURAS BNG Eleccións Galegas 2016
POLÍTICA

As candidaturas do BNG recollen o apoio do 92 por cento da militancia

Respaldo abrumador das bases do Bloque ás listas coas que a formación frentista concorrerá ás eleccións galegas do outono e que este sábado foron aprobadas polo seu Consello Nacional. As candidaturas recolleron o apoio do 92% das persoas militantes. "Son os rostros da alternativa do BNG", dixo Ana Pontón.

Pedro Sánchez e Leiceaga. 22 de xullo de 2016
POLÍTICA

Leiceaga entrevístase con Sánchez en Ferraz e di que non falaron das listas para as galegas

O encontro decorreu por espazo de menos dunha hora. O candidato do PSdeG-PSOE á Xunta “amarrou” a participación de Pedro Sánchez na campaña.

A organización envía un comunicado de imprensa en castelán

Podemos Galicia continúa sen desbotar ir en solitario ás eleccións galegas

A dirección do partido morado non garante a participación de Carmen Santos na cimeira convocada polos tres alcaldes das Mareas para o día 30 en Vigo. Podemos Galicia en ningún caso contempla a súa disolución dentro dunha organización política galega de nova planta.

Propostas da Executiva Nacional do Bloque

Pontón, Bará, Rodil e Presas perfílanse como as cabezas de lista do BNG

As candidaturas serán aprobadas definitivamente o 23 de xullo polo Consello Nacional da organización frontista.