A pregunta de Podemos ás bases descarta a opción dun partido instrumental: ou alianza ou en solitario

As dúas opcións que se someten a votación telemática son en alianza electoral con outras forzas ou en solitario.

podemos asemblea

“Como queres que concorra Podemos ás eleccións aglegas: a) en alianza electoral con outras forzas políticas e sociais do cambio (Esquerda Unida, Anova e as marés) b) En solitario”. Está é a pregunta que se acordou na Asemblea Xeral desta sexta feira de Podemos Galiza formular na consulta telemática que terá lugar este domingo até esta terza feira. Pregunta que substitúe á prevista nun principio e quefoi anulada pola dirección estatal de Podemos.

Non figura na pregunta a opción de que Podemos aposta en concorrer nas eleccións como partido instrumental, a opción defendida por varios dos axentes que convocan e impulsan a Asemblea constituínte das marés que decorre este sábado, 30 de xullo, en Vigo. Entre eles, os alcaldes da Coruña (Xulio Ferreiro), Ferrol (Jorge Suárez) e Compostela (Martiño Noriega).

Comentarios