Carmen Santos insta a “definir xa como nos presentamos ás eleccións”

A secretaria xeral de Podemos Galiza considera que non cabe máis demora na decisión. O partido realiza en Compostela unha asemblea xeral para acordar se acode á asemblea das marés do sábado.

camen santos podemos
photo_camera Carmen Santos momentos antes da asemblea. Imaxe: Podemos

A Asemblea Xeral de Podemos Galiza debate no serán desta sexta feira en Compostela como concorrer ás eleccións galegas e se a dirección do partido asiste á asemblea constituínte que o sábado decorre en Vigo convocada polas marés. Máis de 300 persoas asisten a este encontro. Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos-Galiza, advertiu que as decisións na asemblea non van ser vinculantes, “si significativas”, pois as decisións reais vanse adoptar nunha votación telemática que terá lugar esta fin de semana e a segunda feira.

Santos dixo que “a 2 meses das eleccións temos que definir xa como nos presentamos ás eleccións” e recoñeceu que “urxe tomar unha decisión” e que cómpre “non demorarse máis”. Varios militantes do sector crítico asistiron á asemblea con faixas de “Podemos sen maré” ou 'Só Podemos”.

Carmen Santos é partidaria da coligazón como fórmula para non rachar a alianza que o partido morado estabeleceu nas eleccións xerais com Anova, Esquerda Unida e as plataformas municipalistas. A confluencia chegaría até o tope da coligazón. Non iría nen un paso máis alá, desbotando a creación dun partido instrumental. 

Comentarios