EUA

Trump
INTERNACIONAL

O Colexio Eleitoral confirma a vitoria de Trump, con menos desercións nas súas bancadas que Clinton

A campaña para as e os compromisarios republicanos virasen as costas a Trump fracasou con estrépito. O republicano termou máis do seu voto do que a candidata demócrata. Os 538 membros do Colexio Eleitoral selaron o triunfo do presidente eleito por 304 a 227.

O Premio Nobel de Economía, Paul Krugman.
INTERNACIONAL

Krugman atribúe a vitoria de Trump á acción combinada de Rusia e o FBI contra Clinton

Premio Nobel de Economía e demócrata confeso, Paul Krugman publicou un artigo en The New York Times intitulado "A victoria contaminada".

cristopher
INTERNACIONAL

Un compromisario republicano anuncia que non votará Trump como presidente

“A elección presidencial non está concluída”, afirmou esta segunda feira Christopher Suprun, compromisario republicano do Estado de Texas. Nos EUA é un colexio eleitoral, e non a cidadanía directamente, o que elexe a persoa que ocupa a presidencia.

Trump
INTERNACIONAL

Trump contraataca e afirma que Hillary obtivo máis de dous millóns de votos fraudulentos

O Partido Demócrata respalda finalmente a recontaxe de votos en Wisconsin, activada pola candidata verde, Jill Stein. As acusacións de fraude voan en todas as direccións e Trump di agora que millóns de cidadáns sen direito de voto participaron nas eleccións en apoio de Clinton e que, portanto, el tamén tería gañado en voto popular.

Voto electrónico EUA
INTERNACIONAL

A candidata verde recada máis de 3 millóns para revisar os resultados das eleccións nos EUA

As eleccións nos EUA poderían non estar aínda fechadas. Sectores do Partido Demócrata, formalmente non respaldados por Clinton, axitan a ideia de que se producise un ciberataque en Pennsylvania, Michigan e Wisconsin -os estados chave na vitoria de Trump- a prol do republicano.

Trump Hillary
INTERNACIONAL

A vantaxe de Clinton sobre Trump en voto popular supera xa os 2 millóns de sufraxios

16 días despois do 8N, o escrutinio aínda non rematou por inteiro nos EUA. En voto popular a vantaxe de Clinton supera xa os 2 millóns de sufraxios. O que falta por escrutar non afectará a distribución de forzas no colexio eleitoral que formalmente elixe o presidente, mais hai compromisarias e compromisarios que amagan con mudar o sentido do seu voto.

Donald Trump non é nacionalista, é un imperialista
POLÍTICA

Donald Trump non é nacionalista, é un imperialista

Nova entrega no vlogue do director de Sermos.

O «outro» muro de Trump

Partido Libertario Gary Jhonson EUA
Eleccións EUA

Libertarios, verdes e independentes suman case 6 millóns de votos

As formacións à marxe do partido republicano e demócrata atinxiron o 4,8% dos sufraxios emitidos, unha porcentaxe que triplica a de anteriores citas electorais.

Trump como síntoma

Obama no seu discurso
INTERNACIONAL

Barack Obama: “Non somos primeiro demócratas ou republicanos, somos americanos”

O presidente chama a traballar “todos xuntos” por Estados Unidos e afirma que facilitará todo o posíbel o proceso de traspaso de poderes con Donald Trump.

Donald Trump EUA
Vitoria de Trump

Reaccións internacionais: entre a sorpresa, a prudencia e o champán

O triunfo de Trump: o Business Party gaña sempre

Donald Trump
En voto popular Hillary Clinton gañou ao republicano

O voto anti-Washington leva Trump á Casa Branca

[ACTUALIZADA 12:40] Un plutócrata machista e xenófobo vai ser o presidente dos EUA e o comandante en chefe da superpotencia imperial, levado pola onda do voto protesta anti-Washington. Un multimillonario funcionou como símbolo contra un establishment que ningúen mellor que Hillary Clinton encarnaba. Donald Trump derrotou os inquéritos e Hillary Clinton. Fíxose cos Estados chave -Florida, Carolina do Norte e Ohio- mais non foi quen de batila en voto popular, onde gañou a demócrata. O Partido Republicano tamén gaña a maioría no Congreso e no Senado, algo que non conseguía desde 1928.

 

campaign
Todo apunta a un desenlace de foto finish este 8N

Clinton e Trump chegan ao sprint final en empate técnico nos Estados chave

Non hai minutos lixo neste choque pola Casa Branca, a se decidir esta terza feira 8N. O acceso ao Despacho Oval pasa por Florida e por Carolina do Norte. A carreira dispútase palmo a palmo e Trump ten depositadas as súas esperanzas neses dous swing states, estados indecisos que poden desequilibrar a balanza. Na madrugada desta cuarta feira sairemos de dúbidas.

INTERNACIONAL

A mobilización da comunidade latina no voto antecipado indicaría que Clinton vai por diante

O voto antecipado da comunidade latina está a experimentar un importante incremento nas vésperas do 8N. En Florida, o Estado chave, o aumento alcanza o 75 por cento a respeito de 2012. Nos EUA existe a posibilidade de emitir o sufraxio antes do día das eleccións, por correo, mais tamén en urna.

Trump Hillary
INTERNACIONAL

FBI comunica ao Congreso que exonera Clinton de responsabilidade criminal

Unha boa noticia para a candidata demócrata nas vésperas do 8N: a nova remesa de correios electrónicos non conterían indicios de criminalidade.

Máxima incerteza no tramo final da campaña

Axentes do servizo secreto retiran Trump do escenario por unha falsa ameaza

Un confuso incidente salferiu este sábado o sprint final da campaña nos EUA. Un activista crítico con Trump portaba nun mitin unha faixa co texto “Republicanos contra Trump”. Ao ser apupado polos fieis do candidato, berrou que non era unha arma, que era só un cartaz. No barullo, Trump foi retirado do escenario polos axentes de seguridade. 

Trump Hillary
INTERNACIONAL

Trump: o millonario contraataca

Ameaza con encarecerar Hillary Clinton e convida ao debate a catro mulleres que acusan o marido da candidata demócrata e ex-presidente, Bill Clinton, de abusos sexuais.

charlotte estados unidos racismo
INTERNACIONAL

Decretan o estado de emerxencia en Charlotte após dúas noites de disturbios

O gobernador de Carolina do Norte ordenou o despregamento da Garda Nacional na cidade. Os manifestantes protestan pola morte dun home negro por disparos da policía.