"Hai mais xente comprometida co feminismo que en ningunha outra época"
Este domingo quen toma a palabra en #VenhanMais5 é Mercedes Oliveira, catedrática de Filosofía do instituto Alexandre Bóveda de Vigo e especialista na educación afectivo-sexual na adolescencia.
Un especial de 64 páxinas para celebrar o V aniversario de Sermos Galiza
A próxima quinta feira, 15 de xuño, Sermos Galiza celebra o V aniversario e a publicación do número 250 do semanario co lanzamento dun especial ben carregadiño de entrevistas e análises sobre as temáticas fundamentais do país.
"Nunca un goberno desfixo tanto en tan pouco tempo"
No Venhan Máis Cinco falamos este sábado con Montse Prado, membro da Executiva Nacional do BNG e deputada no Parlamento Galego.
"Non quero para o meu país un proceso plurinacional. Quero o dereito a decidir"
Josu Juaristi (1964) encabezou a candidatura de Os Pobos Deciden nas recentes eleccións europeas. Visitou Galiza para realizar un acto conxunto co Bloque Nacionalista Galego. Encóntrome con el na sede da organización frentista. Viste jeans e unha camiseta preta de manga comprida. É xornalista - estivo no Egin que fechou Garzón e dirixiu Gara- e exprésase con muita clareza, mais non cai no erro de pensar en titulares, tan frecuente nos políticos de laboratorio. Vai partillar con Ana Miranda (BNG) un escano en Bruxelas.
Matemáticas con nome de muller
Hai quen di que as matemáticas son frías. Eu non o creo. María Wonenburger falaba de números e álxebras con palabras propias dunha grande paixón. Así lembro o seu discurso do 16 de decembro de 2006 cando recollía o “Premio Muller e Ciencia de Galicia” na súa 1ª edición.
"Arrancamos espaços de governo, que nom de poder, à direita conservadora"
Esta sexta feira quen partilla as súas impresións coa Comunidade Sermos, no espazo de conversas #VenhanMais5, é Antón Gómez-Reino, portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados.
"Estamos nun momento de incerteza"
Esta quinta feira quen toma a palabra no #VenhanMáisCinco é Natividade López, economista do gabinete técnico da CIG.
Proxecto cárcere: auto-xestión para recuperar os espazos baleiros
A Plataforma cidadá creada na Coruña arredor da prisión da Torre traballa desde 2010 por facer do antigo penal un espazo de uso social, cultural e de memoria histórica auto-xestionado.
"O goberno do PP quere ter unha Galiza de dúas velocidades"
Rafa Cuíña é alcalde de Lalín e colaborador deste dixital desde os seus inicios. Debrúzase esta cuarta feira sobre a xanela do #VenhanMais5 para partillar as súas impresións coa Comunidade Sermos.
"A miña esperanza está sempre na sociedade"
Escritora, feminista, activista a prol da causa do ensino público galego e en galego. É Mercedes Queixas. E é quen toma a palabra esta terza feira no #VenhanMais5.
"O país está demerxido nun horizonte de confusión e os medios son reflexo da situación"
Antón Lopo é un creador con múltiples rostos. Escritor. Xornalista. Editor. Actor. Colaborador de Sermos (coa súa memorábel serie de entrevistas Extintivos). A súa voz non podía faltar en VenhanMais5
Sanidade de ric@s e pobres
Namentres mantén unha taxa de reposición de 10% e un recorte de 14% en 'recursos humanos' nos orzamentos, coa Lei de Garantías Sanitarias o Sergas vende o sistema público aos centros concertados.
"A clave está na organización social"
Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso e até este mesmo sábado 3 coordenadora nacional de Esquerda Unida (será a parlamentar Eva Solla quen lle dea o relevo) é quen se debruza este 3X sobre a xanela do Venhan Máis Cinco.
"Na Galiza a sanidade mantén a calidade grazas ás traballadoras/es do sistema público"
Falamos con María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, no Venhan Máis Cinco de hoxe.
O aforro galego fornece de créditos ao resto do Estado
@s galeg@s tiñamos en depósitos bancarios a finais de 2013 máis de 56.200 millóns de euros. Por contra, os bancos prestaron no noso país pouco máis de 53.000 millóns. A diferenza, 4.000 millóns, foi para créditos noutros territorios.
0,26% posúe a metade da riqueza da Galiza
Na Galiza hai 7.090 persoas cunha base impoñíbel superior aos 700.000 euros. Son 0,26% da poboación galega, mais atesouran 25.500 millóns de euros. O diñeiro que posúen as 3 persoas máis ricas multiplica por 7 o orzamento da Xunta.
"Os partidos da oposición terían que aproveitar a lexislatura para rearmarse"
Esta quinta feira no #VenhanMais5 toma a palabra Silvia Fraga, consultora de comunicación pública e directora de Stem by me.