internacional

INTERNACIONAL

Norfolk pide a actuación da ONU tras suspender Australia a súa autonomía

Mobilizacións nesta pequena illa de 34 quilómetros cadrados. Camberra anulou a autonomía en resposta á decisión do goberno autónomo de convocar unha consulta.

PCP
INTERNACIONAL

Portugal: empate técnico nas enquisas entre conservadores e socialistas

A coligazón PSD e CDS-PP obtería entre o 35 e o 40% dos votos, segundo as sondaxes; mentres o PS bailaría do 35 ao 37%. Ningún tería maioría absoluta na Assembleia. CDU e Bloco suben en intención de voto.

Escocia
INTERNACIONAL

O SNP incluirá no seu programa electoral a cuestión dun segundo referendo independentista

O goberno británico avisa o executivo escocés que, despois da consulta de 2014, non haberá outra nos vindeiros 15 anos.

Breizh referendo
TERCEIRA VAGA DE REFERENDOS

Espállanse por Bretaña as consultas populares sobre a reunificación do país

Nos vindeiros dous meses nove concellos realizarán referendos sobre estes temas, impulsados pola plataforma Dibab. Até agora unha ducia de localidades xa realizaron as súas consultas.

Tsipras referendo
INTERNACIONAL

As enquisas vaticinan unha vitoria de Syriza nas eleccións do domingo

O partido de Tsipras obtería entre o 31 e o 33% dos votos. Nos comicios de xaneiro logrou o 36,3%. Nova Democracia sería segunda forza (entre 21 e 31%, dependendo do inquérito). KKE superaría o 6% dos apoios e a Unidade Popular conseguiría entre o 3,5 e o 7,8%.

Vista áerea do percorrido da Via Lliure
REACCIÓNS AO ÉXITO DA VIA LLIURE

A Diada dálle alcance internacional ao proceso soberanista en Catalunya

Junts pel Sí coida que o éxito confirma o apoio popular á ruptura con España. Catalunya Si Que Es Pot rexeita o “atallo” dunha Declaración Unilateral de Independencia e critica a “manipulación” da Diada. As CUP consideran o 11S un punto de partida no proceso de ruptura.

donostia2016
CULTURA

Cultura e a lingua galega viaxan en contedores mariños nun proxecto internacional

A cultura e a lingua galegas participan da man da Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización no programa Donostia 2016, Capital Europea da Cultura, cun proxecto arredor da diversidade lingüística. As realidades de Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco son, canda Galiza, protagonistas da iniciativa. 

INTERNACIONAL

Gales: Plaid Cymru prepara folla de rota fronte á ''16 anos perdidos de autonomía''

O partido independentista lanza unha consulta nacional coa vista posta nas eleccións de 2016. As enquisas apontan a que podería ser segunda forza, co 20% dos sufraxios.

Illas feroe
INTERNACIONAL

Eleccións nas Illas Feroe: maioría independentista e derrota da dereita

As formacións partidarias de se independendizar de Dinamarca atinxen nos comicios lexislativos 19 dos 33 escanos da Cámara.

Breizh bretaña
INTERNACIONAL

24O: mobilizacións simultáneas en Bretaña, Córsega e Occitania na defensa das súas linguas

Tamén Iparralde, Catalunya Nord, Antillas ou Illa Reunión realizarán ese día actos para reclamar “un estatus para a nosa cultura” fronte ao centralismo francés.

tsipras
INTERNACIONAL

Grecia: eleccións o 20 de setembro e sondaxes prognostican vitoria de Syriza

O presidente grego disolveu o Parlamento. As enquisas dan a Syriza entre o 22 e o 24% dos votos e a Nova Democracia entre o 19 e o 22 por cento. 'Unidade Popular' obtería entre o 3,5 e o 4,5% e o KKE entre 4 e 5%.

tsipras
INTERNACIONAL

Grecia: eleccións o 20 de setembro e sondaxes prognostican vitoria de Syriza

O presidente grego disolveu o Parlamento. As enquisas dan a Syriza entere o 22 e o 24% dos votos e a Nova Democracia entre o 19 e o 22 por cento. 'Unidade Popular' obtería entre o 3,5 e o 4,5% e o KKE entre 4 e 5%.

INTERNACIONAL

O independentismo anti-capitalista escocés conflúe para a cita eleitoral de 2016

Nace Rise, unha alianza de partidos, movementos sociais e sindicatos; que pula por unha Escocia “ceibe e vermella”.

[Imaxe: Wikipedia] Yanis Varoufakis
INTERNACIONAL

Varoufakis non descarta volver ao goberno e rexeita unirse á 'Unidade Popular'

O ex-ministro de Finanzas grego di que “gosta” da nova formación, mais non partilla a aposta dos 'escindidos' de Syriza de saír do euro. "Eu creo que é mellor permanecer no euro, embora non a calquera prezo”.

aeroporto grecia
INTERNACIONAL

Unha empresa alemá faise con 14 aeroportos gregos privatizados polo goberno

Fraport paga 1.230 millóns de euros por se facer con estas terminais privatizadas polo executivo de Syriza. Entre elas, aeroportos nas emblemáticas illas de Creta e Mykonos.

revenidas
TERá LUGAR DO 21 AO 23 DE AGOSTO

Herdeiros da Crus, cabeza de cartel de Revenidas15

A organización vén de anunciar que o grupo "sorpresa" da edición de Revenidas15 e o cabeza de cartel será Herdeiros da Crus. O festival, cuxa edición será a “máis internacional”, terá lugar en Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa entre o 21 e o 23 agosto.

Doire
INTERNACIONAL

Derry recupera oficialmente o seu nome en lugar do 'colonial' Londonderry

O Concello da cidade nor-irlandesa aprobou o cambio de denominación coa oposición dos unionistas (6 de 30 concelleir@s). Era unha demanda de vello da poboación local.

syriza-crop
INTERNACIONAL

Unha Syriza dividida realiza en setembro un Congreso extraordinario

Máis de 12 horas de debate no Comité Central deixaron unha maioría de apoios á data defendida por Tsipras, que quer chegar a esa cita co 3º resgate asinado, fronte aos 'críticos', que pedían que fose xa. Demitiron 17 membros do CC

fernanvello
CULTURA

Fernán Vello participa nun encontro internacional literario en Palestina 

O escritor Miguel Anxo Fernán Vello participará en calidade de convidado do Goberno do Estado de Palestina ao Encontro Internacional de Escritores que durante seis días se desenvolverá na cidade de Ramala. 

INTERNACIONAL

Varoufakis prepara un partido anti-austeridade de ámbito europeo

O ex-ministro grego contaría co apoio de economistas como Krugman e Stiglitz ou de Oskar Lafontaine, histórico dirixente da esquerda alemá.