internacional

mit
CHéVERE, PREMIO NACIONAL

Broche de ouro para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Rematou a 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia cun “gran suceso social, artístico e económico” e cun festival consolidado mais en “permanente evolución”.

Occitano
INTERNACIONAL

Toma corpo a creación da ferramenta unitaria do soberanismo occitano

Partidos, organizacións, colectivos e movementos reúnense para crear un instrumento "popular, unitario, plural e democrática" no que aunar forzas "polo recoñecemento da nación occitana" e a súa auto-determinación. 

cymru
INTERNACIONAL

Gales arremángase para acadar o obxectivo de chegar ao millón de falantes da lingua propia

Cymdeithas, a principal entidade a prol do idioma galés, presenta unha batería de medidas e propostas para duplicar o número de falantes de 'cymraeg' (galés).

Tsipras
INTERNACIONAL

O acordo con Bruxelas divide Syriza mentres comezan nas rúas os primeiros protestos

O contido do pacto para o terceiro resgate vai ter unha difícil dixestión para o executivo grego. Un sector dos deputad@s da gobernante Syriza votarán en contra do acordo e sindicatos do sector público convocan unha greve contra un pacto "humillante". 

Països Catalans

CDC e ERC pactan candidatura conxunta para as eleccións do 27 de setembro

Están de acordo nunha candidatura unitaria integrada por Artur Mas e Oriol Junqueras e membros da sociedade civil. A iniciativa quérena estender a CUP e outros partidos, como MÉS e os escindidios de Unió. "O obxectivo é lograr un estado independente".

Irán acordo nuclear
INTERNACIONAL

Acordo histórico entre Irán e as potencias occidentais

Teherán fala de "triunfo da diplomacia" e di que se abre "un novo tempo" nas relacións internacionais. Israel e Arabia Saudí critican con dureza calquera acordo con Irán.

tsipras
INTERNACIONAL

Bruxelas e Atenas selan un terceiro resgate para Grecia con duras medidas e recortes

Apòs 17 horas de reunión atinxiuse un acordo que contempla fortes recortes e reformas en pensións, e mercado laboral ou unha vaga de privatizacións. O ministro heleno de Traballo vaticina eleccións anticipadas. Tsipras recoñece que as medidas "van ser difíciles" e Merkel anuncia que "as tres institucións" (Troika) supervisará o cumprimento do acordo.

Tsipras europeo
INTERNACIONAL

Grecia asume que ten que aplicar políticas de austeridade para acceder ao novo rescate

O Parlamento heleno vota esta sexta feira a proposta que Atenas remitiu a Bruxelas para obter un novo rescate e evitar o 'Grexit'. Tsipras recorda aos seus compañeiros de Syriza que o mandato das urnas "era para un acordo mellor" e non "para saír do euro".

Bolivia lingua
INTERNACIONAL

Bolivia dá un mes aos funcionarios para aprender unha lingua indíxena

Por volta de 300.000 empregados públicos farán un curso intensivo para ter dominio dun idioma nativo. “Os servidores do Estado teñen a obriga de aprender un idioma orixinario”, enfatizaron desde o goberno boliviano.

Grecia 2
Só en papel

Grecia explora os límites da UE

O triunfo do 'non' no referendo grego sentou tan mal no 'establishment' europeo que convida a plantexar se a vitoria do 'OXI' inaugura unha nova etapa na UE ou porén se impón a continuidade do modelo, previa pequenas variacións.

INTERNACIONAL

Tsipras promete en Bruxelas “reformas críbeis” para obter un terceiro rescate

O primeiro ministro chamou a acadar “un acordo produtivo e xusto” que evite “a ruptura das negociacións”. O importe dese novo rescate podería andar nos 50.000 millóns.

INTERNACIONAL

Estados Unidos e China presionan por un acordo de Bruxelas con Grecia

O ex-presidente da Comisión Europea e do goberno de Italia, Romano Prodi, afirma nunha entrevista en ‘La Vanguardia’ que “as grandes potencias” non queren “máis convulsións”.

INTERNACIONAL

Comisión europea a Atenas: ‘’O 'non' complica a procura dunha solución”

O vice-presidente da Comisión europea e comisario para o euro, V. Dombrovskis, compareceu para “lamentar” o “futuro incerto” que, afirma, se abre após o resultado do refrendo grego.

INTERNACIONAL

O Estado español disposto agora a apoiar un terceiro rescate a Grecia

O ministro De Guindos tampouco pecha as portas a unha reestruturación da débeda, algo que o goberno alemán vén de reiterar que “non contempla”.

agoragaliza-logo-500x678
POLÍTICA

Ex-militantes de Nós-UP impulsan unha nova organización independentista

‘Agora Galiza’ inicia un proceso constituínte a culminar en 2016 coa I Asemblea Nacional. A súa primeira decisión é apoiar e adherir a unha convocatoria unitaria do Día da Patria.

[Imaxe: @xapo_]
BRUXELAS TERá QUE DECIDIR SE CONSUMA A SúA AMEAZA E EXPULSA GRECIA DO EURO

61,31% Non e 38,69% Si: Tsipras arrasa no referendo e trasládalle a presión á UE

Arrasou o Non no referendo grego. Un resultado impresionante, absolutamente inagardado polos inquéritos. Co 100% escrutado, o OXI/Non obtivo o 61,31% das papeletas, face o 38,69% do NAI/Si. Tsipras coróase como líder indiscutíbel da política grega e traslada a presión á UE, que agora terá que decidir se consuma a súa ameaza e, en consecuencia, expulsa Grecia do Euro. O referendo deixou unha primeira vítima política: o dereitista e pro-UE Samaras anunciou a súa demisión.

Grecia
INTERNACIONAL

Lixeira vantaxe do ‘Si’ a 48 horas do referendo grego

A porcentaxe de indecisos que reflicten últimas enquisas e sondaxes, entre un 12 e un 17%, será decisivo para o resultado definitivo da consulta que vai ter lugar o domingo no país heleno. No serán desta sexta feira decorrerán 2 grandes actos políticos en Atenas, aprol do Si e do Non

quebec
INTERNACIONAL

O Bloque Quebequés inicia unha “campaña permanente” pola independencia

O partido de Gilles Duceppe, cun 26% de intención de voto nas enquisas, quer recuperarse da forte caída sufrida nas eleccións de 2011.

Juncker
INTERNACIONAL

Bruxelas fai unha oferta de última hora a Grecia

Non transcenderon os detalles da mesma. Alexis Tsipras tería que dar a súa conformidade coa mesma antes do inicio da xuntanza do Eurogrupo. Hoxe vence o prazo para o pagamento por Atenas de 1.600 millóns de euros ao FMI.

Grecia UE
INTERNACIONAL

O referendo grego provoca a maior caída nas bolsas europeas desde 2011

Tamén os mercados de Asia e o pacífico rexistraron perdas. A dereita grega e a social-democracia do Pasok fan fronte común contra o goberno de Syriza.