internacional

Nicola escocia SNP
INTERNACIONAL

Reino Unido vota nunhas eleccións nas que o nacionalismo escocés é chave

Nin conservadores nin laboristas atinxirán a maioría suficiente para gobernar en solitario, segundo as enquisas, que sitúan o SNP como terceira forza.

australia 1
INTERNACIONAL

A oposición ao feche de 150 comunidades aborixes mobiliza milleiros de persoas en Australia

As principais cidades acolleron marchas convocadas por ‘SOS Blak Australia’ contra unha medida do goberno que desprazaría da súa terra ancestral a centos de persoas.

Capa Charlie Hebdo
INTERNACIONAL

O director de ‘Charlie Hebdo’ renuncia a debuxar máis Mahoma

Luz, o novo responsábel da revista satírica, afirma que facelo “xa non me interesa” e nega que a decisión sexa unha vitoria dos terroristas.

Breizh
INTERNACIONAL

Esténdense as consultas populares sobre a reunificación de Bretaña

Do 7 ao 14 de xullo oito localidades realizarán referendos para que a veciñanza decida sobre se é favorábel a reunir nunha mesma rexión os 5 departamentos bretóns e dotala dunha asemblea. 

INTERNACIONAL

Schleswig-Holstein valora declarar oficiais as 3 linguas minorizadas que se falan neste land alemán

O estado federado xermano estuda facer co-oficiais tres idiomas propios que se falan nesa zona: o frisón, o danés e o baixo-alemán. 

INTERNACIONAL

A vitoria da esquerda dá azos para un Chipre reunificado

O novo presidente de Chipre do Norte, Mustafa Akinci, turco-chipriota, fora alcalde de Nicosia. É partidario de camiñar cara á reunificación da illa da man dun sistema federal

INTERNACIONAL

Estado de emerxencia e toque de queda para deter os disturbios en Baltimore

A revolta estoupou após o enterro de máis un mozo negro morto baixo custodia policial. A Garda Nacional vai enviar 5.000 efectivos á cidade para sufocar os protestos, que deixan 27 persoas detidas e 15 policías feridos.

INTERNACIONAL

O número de falecidos en Nepal supera xa os 3.600

A cifra de persoas feridas supera as 6.500 e mantéñense as operacións de busca e rescate. Catmandu pide apoio internacional.

Corsega corsos greve corsica
INTERNACIONAL

Greve de fame de moz@s cors@s pola cooficialidade do idioma

Quince militantes de Ghjuventù Indipendentista iniciaron un protesto que non abandonarán até que París recoñeza as demandas respecto idioma e autonomía aprobadas pola Asemblea de Córsega en 2013.

guardia civil
INTERNACIONAL

Imputan por narcotráfico un coronel da Garda Civil aspirante a xeneral

Francisco García Santaella tería cobrado 400.000 euros por axudar introducir 6 toneladas de haxix, segundo unha investigación xudicial desvelada por ‘El Diario’.

bereber amazight-Siwel
INTERNACIONAL

Manifestacións multitudinarias na Cabilia na defensa da súa identidade

Cen mil persoas tomaron parte nas mobilizacións que decorreron en varias cidades convocadas por diferentes organizacións, entre elas MAK (Movemento pola Auto-determinación da Cabilia), para comemorar a 'primavera bereber' e a 'primavera negra'.

INTERNACIONAL

Cen mil sinaturas defenden unha ‘’organización territorial propia’’ para Alsacia

O proceso de reestruturación rexional impulsado por París crea unha macro-rexión na que dilúe Alsacia como pobo entre outras zonas e departamentos a partir de 2016.

christian-troadec-breizh
INTERNACIONAL

Candidatura unitaria dos pobos sen estado de Francia ás presidenciais galas

O alcalde e activista bretón Christian Troadec procura apoios, alén de Bretaña, en Iparralde, Córsega, Occitania, Alsacia e Catalunya Nord para concorrer en 2017 aos comicios franceses.

cimeira bandeiras
INTERNACIONAL

Cimeira das Américas histórica en Panamá

A presenza de Cuba e o proceso de desxeo das relacións de EUA e a illa é un dos focos de atención desta VII edición. Mais non o único.

Pontevedra
Galiza

Nova York concede un novo premio internacional ao modelo urbano de Pontevedra

O modelo urbano de Pontevedra recibe un novo premio internacional, desta volta, desde Nova York. O 11 de maio a excelencia urbanística da cidade será recoñecida co premio entregado polo Centro para o Deseño Activo, creado polo ex-alcalde da cidade, Michael Bloomberg. 

Lusofonia

Congresso de Educação Ambiental inclui Galiza nas comunidades lusófonas

Vai-se realizar do 8 a 11 de Julho em Lisboa e nele Galiza faz parte das comunidades lusófonas. O III Congresso Internacional de Educação Ambiental dos Países e Comunidades de Língua Portuguesa conta com a participação de Adega. 

ABORIXES3
INTERNACIONAL

Australia quer fechar as comunidades aborixes e desprazar os seus habitantes

Ampla resposta e mobilización popular contra o plan do goberno de clausurar 150 das 274 comunidades nativas e reubicar os indíxenas noutras zonas.

SEGUNDA VOLTA DAS DEPARTAMENTAIS

O nacionalismo atinxe representación en Iparralde, Bretaña e Córsega

As eleccións en Francia deixan un retroceso do centro-esquerda, avanzo da dereita e estancamento da extrema-dereita. E tamén que en certos países do hexágono o nacionalismo segue a xogar un papel.

ACCIDENTE NOS ALPES DO AIRBUS A320

Colle forza a hipótese dun sinistro deliberado

O copiloto accionou deliberadamente o descenso do avión e impediu o regreso á cabina do piloto, recoñece a Fiscalía francesa, que afirma que o copiloto estaba vivo até que o avión se estrelou.

Ulster
ELECCIóNS XERAIS NO REINO UNIDO O 4 DE MAIO

O unionismo pacta candidatos unitarios no Ulster para desbancar o nacionalismo irlandés

DUP e UUP concorrerán xuntos nas eleccións británicas de maio en catro distritos onde nos anteriores comicios foron electos candidatos do Sinn Féin e o SDLP.