política

Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz
POLÍTICA

Anova terá 2 dos 5 postos que IU reserva para Galiza na candidatura europea

Outras dúas prazas van para Esquerda Unida e unha para Espazo Ecosocialista. Anova e Esquerda Unida constituirán unha comisión electoral paritaria que definirá o modelo de campaña, os actos que se van desenvolver e os perfís dos participantes.

POLÍTICA

Nós-UP denuncia a ''natureza anti-democrática'' da 'Transición' co gallo do pasamento de Suárez

A formación considera preciso ''desmitificar'' a Adolfo Suárez no camiño de denunciar ''a continuidade do sistema mediante o tránsito do franquismo'' á monarquía.

POLÍTICA

Policía di que os altercados en Madrid foron liderados por '150 radicais cercanos a Resistencia Galega'

A Brigada de Información de Madrid asegura no seu atestado, segundo sinala a Ser, que ''entre 150 e 200 persoas'' cercanas a ''este grupo terrorista galego'' foron as que comezaron os incidentes do sábado en Madrid tras finalizar o acto central das Marchas da Dignidade.

Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras
POLÍTICA

Crític@s de Anova dan por "morta" a organización ao estar "entregada sen pudor a IU"

Segundo informa este domingo Faro de Vigo, a militancia que rexeita a integración da formación na listaxe de Izquierda Unida ás eleccións europeas está a organizar asembleas para "reflexionar sobre a permanencia" no proxecto de Beiras.

POLÍTICA

AGE acusa á Xunta de deixar ''desprotexidos'' @s integrantes da comunidade LGTB que sexan agredid@s

“Ningunha agresión vai ser penada nin castigada”, critica a deputada Eva Solla, “e todo queda apenas nunha boa declaración de intencións” na nova lei de non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

terraza
POLÍTICA

O BNG de Ourense monta unha terraza ilegal na rúa para que o Concello aprobe un novo ordenamento municipal

A formación frontista leva por volta de sete meses a reclamar que o goberno municipal (PSdG-PSOE) exerza un maior control sobre os veladores e reclame a todos os estabelecementos hostaleiros o pagamento das taxas.

bng
POLÍTICA

"Representamos a xente que se rebela"

O BNG escolleu o incio da primavera para presentar a súa candidatura ás eleccións europeas do 25 de Maio. Encabezada por Ana Miranda, a seguir na listaxe irán, respectivamente, o voceiro da formación frontista na Coruña, Xosé Manuel Carril, e a xornalista e responsábel de Relacións Internacionais en Galiza Nova Olalla Rodil.

bandeiras
POLÍTICA

Un millón de sinaturas para que a UE recoñeza o dereito á autodeterminación

A International Commission of European Citizens (ICEC) impulsa unha iniciativa que procura unha Europa verdadeiramente ''democrática tanto na teoria como na práctica''. O 30 de marzo haberá en Bruxelas unha manifestación a prol do dereito a decidir.

POLÍTICA

Militantes de Anova piden a Beiras que explique o pacto con IU e cualifican a situación de ''inaceptábel''

Lamentan que non se coñezan as clásulas do acordo con Izquierda Unida a piques de se pechar o prazo de candidaturas para elexir quen represenra a Anova na candidatura. Piden que non se fale de ''lista galega'' por ser un ''eufemismo fraudulento''.

José Blanco
POLÍTICA

Vítimas do sinistro de Angrois cualifican de ''burla'' que José Blanco vaia na candidatura do PSOE

Vítimas do sinistro de Angrois cualifican de ''burla'' que José Blanco vaia na candidatura do PSOE a Europa pois considérano ''responsábel político'' do accidente ferroviario.

Barco
POLÍTICA

O BNG insta o goberno a habilitar sistemas para que os embarcados poidan votar

Centos de mariñeiros galegos das flotas de altura e mercante están en época electoral lonxe de Galiza, polo que non poden exercer o dereito de voto. O deputado Daniel Rodas insta ao executivo a que habilite o voto a través de internet para estes tripulantes.

feijoo ana pastor
POLÍTICA

A Xunta prevé gastar en cemento nestes 2 anos 460 millóns de euros, máis que na CdC

Malia que a crise eliminou a construción de infraestruturas públicas da listaxe de prioridades, Núñez Feijóo prevé gastar 460 millóns de euros nos vindeiros dous anos. Na Cidade da Cultura gastáronse 400.

O que define unha liña política é a praxe ¿non é así Sr. Beiras?

Segundo varios medios de comunicación, o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, ten claro que, hoxe por hoxe, o independentismo non é o camiño para acadar un estado soberano en Galicia. "Eu son independentista e marxista, pero nunca exercín como tal", apuntou nunha entrevista en RNE, segundo o xornal dixital Galicia Confidencial do 16 de marzo. Non deixa de chamar a atención que alguén que se reclama marxista esqueza despois que, segundo unha concepción materialista da realidade, o que caracteriza unha persoa ou organización é a unidade entre a teoría e a práctica social, ou sexa: a súa praxe. 

danielrodas
POLÍTICA

A ausencia do secretario xeral de Pesca obriga a aprazar no Parlamento dúas preguntas previstas sobre o cerco

As cuestións ían ser achegadas polos deputados Daniel Rodas (BNG) e José Manuel Balseiro (PP). O nacionalista cuestionou que sexa ''habitual'' que Juan Maneiro non compareza e reclamou que a consellaría envíe outra persoa á comisión de Pesca. O conservador non dixo ren.

Samuel Juárez
POLÍTICA

O BNG pide no Parlamento o cese de Samuel Juárez

Os nacionalistas rexistraron unha proposición non de lei instando ao goberno a expresar a reprobación de Samuel Juárez e a petición do seu cese ante o Goberno central. A desproporción das cargas policiais contra os mariñeiros e a actitude d@s axentes con alcaldes e deputad@s, os motivos.

alcaldessogama2
POLÍTICA

Alcaldes rexeitan o 'taxazo' de Sogama e piden unha mesa de negociación

Rexedores de diferentes partidos concentráronse ante a Xunta para pedirlle a Feijóo que abandone a ''arrogancia'' e aposte polo ''diálogo'' para solucionar a problemática que xera a suba ''desmesurada'' do canon.

montseprado
POLÍTICA

O xefe do SUP en Galiza cualifica a deputados do BNG de 'hooligans' que ''incitan á violencia''

José Freire di que parlamentares nacionalistas teñen responsabilidade nos incidentes do cerco de Compostela. ''Prometeron a Constitución e lealdade á autoridade'', afirmou, para acusalos de “aliarse cos que se alegraban de asasinatos de policías''.

samuel juarez
POLÍTICA

Juárez impide a comparecencia no Parlamento dos máximos responsábeis de Tráfico na Galiza

O delegado do goberno non permite que acudan á Comisión na que se estuda como mellorar a seguridade viaria pola “súa condición de funcionarios da  Administración Xeral do Estado”. O BNG cualifica de ''grave'' a actitude de Samuel Juárez, ''que si tempo para organizar cargas contra mariñeiros''.

Compromiso por Galicia candidatos
POLÍTICA

Compromiso elixe en primarias abertas quen será o seu cabeza de lista ás Europeas

Até o 23 de marzo militancia, simpatizantes e cidadáns poden votar por algún dos 4 aspirantes a encabezar a listaxe de CxG na cita do 25 de maio para o parlamento europeo.

vence
POLÍTICA

Vence ve unha recomposición no nacionalismo no que ex-militantes volven ollar para o BNG

O portavoz nacionalista rexeita a campaña ''desprezábel'' do PP contra a fronte pola coligación con EH Bildu e asegura que ''os galegos saberán distinguir a propaganda e a realidade''.