INTERNACIONAL
As claves da vitoria laborista en Reino Unido: a dispersión das dereitas outorga a maioría absoluta a Keir Starmer
05/xul./24
A suba do Partido Laborista foi escasa en porcentaxe de votos. Porén, a dispersión de sufraxios entre as opcións da dereita, unida a un sistema electoral maioritario a unha soa volta, outorgou á formación unha contundente maioría absoluta no Reino Unido. A fuxida de votos conservadores a Reform UK e ao Partido Liberal Demócrata deixa a maioría absoluta en mans de Keir Starmer.