Tribunal Supremo

José Manuel Baltar, nos xulgados. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Xustiza

A Fiscalía solicita que se retire o carné de conducir durante un ano a Baltar

O senador do PP foi 'cachado' conducindo a 215 km/h pola autovía ao volante dun coche da Deputación de Ourense.
O senador do PP Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano. (Foto: Agostime / Europa Press)
Xustiza

Baltar, ao banco dos acusados: o Supremo abre xuízo contra el por conducir a 215 quilómetros por hora

A xuíza instrutora adoptou esta decisión, a pedimento da Fiscalía, despois de que o pasado xuño propuxese xulgar o senador aforado.
O diputado de ERC, Ruben Wagensberg, no Parlament de Catalunya (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
Catalunya

Ruben Wagensberg (ERC) prevé volver a Catalunya o "sábado ou antes" con Marta Rovira

"Non sei se me sinto con forza, mais síntome contento, síntome tranquilo e feliz", expresou Wagensberg, que hai meses admitiu problemas de saúde mental pola acusación de terrorismo que pesaba sobre el no marco do 'caso Tsunami'.
O ex president catalán Carles Puigdemont. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
Xustiza

O Supremo arquiva a causa por terrorismo contra Puigdemont... mais o xuíz que investiga a "trama rusa" denégalle a amnistía

O xuíz Joaquín Aguirre segue adiante coa 'trama rusa' do 'procés' e denega a amnistía ao ex president Puigdemont e os outros 12 investigados na causa argumentando que poderían incorrer en delitos de alta traizón e malversación. Agora engade un novo ilícito de pertenza a organización criminal.
Un equipo de bombeiros traballa na extinción dun incendio en Crecente (A Paradanta) nunha imaxe de arquivo (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
TRABALLO

O Supremo condena a Xunta a indemnizar un bombeiro: o persoal fixo descontinuo da Administración pode ter outro emprego público

O Supremo repón agora a sentenza ditada en primeira instancia por un Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, que estimou o recurso do traballador contra a denegación da compatibilidade e condenou á Xunta a abonarlle 6.542 euros.
Jordi Turull, secretario xeral de Junts, a segunda feira. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
INTERNACIONAL

O Supremo incumpre a lei de amnistía e mantén a orde de arresto a Puigdemont

Suspendida a orde de detención contra a secretaria xeral de ERC.

O ex president catalán e líder de Junts, Carles Puigdemont. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
Xustiza

Como afecta a amnistía a Puigdemont e o 'procés'? Estas son as chaves dos informes que xa estuda o Supremo

A Avogacía do Estado, os fiscais do caso e o propio ex president catalán piden que se aplique, mentres o ultradereitista Vox e Societat Civil Catalana, que figuran na causa como acusacións populares, manteñen a súa oposición. Os maxistrados teñen a última palabra e deberán resolver como aplican a lei: se os feitos que se atribúen aos procesados están ou non amparados pola norma e que pasa coas ordes de detención emitidas.

Carles Puigdemont e Josep Rull a quinta feira. (Foto: Junts)
INTERNACIONAL

Un xuíz acusa Puigdemont e Mas de alta traizón para intentar evitar que se lles aplique a lei amnistía

Busca esquivar unha orde da Audiencia de Barcelona que anulou a extensión da instrución.
José Manuel Baltar, nos xulgados. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Xustiza

O Supremo propón xulgar a Baltar por un delito contra a seguridade viaria

A maxistrada Ana Ferrer atopa indicios de que o senador do PP superaba a velocidade permitida cando conducía pola A-52 en Zamora e pregunta á Fiscalía, que xa pediu a súa condena, se debe abrir xuízo oral contra el.

Fachada do Tibunal Supremo. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Xustiza

O Supremo confirma a inhabilitación do ex alcalde de Coristanco por prevaricación

Antonio Pensado (PP) foi condenado por prevaricación ao autorizar a unha empresa en 2012 que almacenase residuos de demolición e construción nunha leira.
O senador do PP José Manuel Baltar, antes de entrar a declarar ante o Tribunal Supremo o pasado 19 de decembro. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

O Supremo poderá xulgar Baltar por un delito contra a seguridade viaria

O Pleno do Senado autorizou o alto tribunal español a dirixir un procedemento penal contra o senador do PP

Jose Enrique Abuín, 'O Chicle' (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

O Supremo confirma a condena a 14 anos de prisión a ‘O Chicle’ por agresión sexual á súa cuñada, menor de idade

A AP-9, que transita de Ferrol a Tui, ao seu paso por Vigo (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O Supremo 'tomba' a pretensión de Audasa de ser compensada pola redución de beneficio durante a pandemia

Na resolución, o alto tribunal advirte de que Audasa "confunde o interese público co interese da súa empresa e os seus empregados".
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense (Fotos: Agostime / Europa Press).
POLÍTICA

A Xunta recorrerá ante o Supremo a paralización doutros sete parques eólicos

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, avanzou que a Xunta "Non pode quedar de brazos cruzados" ante a última decisión do TSXG.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha reunión co Consello Galego de Colexios Médicos. (Foto: Xunta da Galiza vía Europa Press)
Xustiza

Os colexios médicos galegos recorrerán ao Supremo a sentenza do TSXG que avala o sistema XIDE do Sergas

O presidente "acata" o veredicto, pero non o comparte e insiste en que "non cumpre as condicións éticas e deontolóxicas" da profesión.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao Hospital de Ourense. (Foto: Xunta)
Xustiza

Labazada do Supremo á Xunta: as vacacións non desfrutadas deben computar como servizos prestados polo persoal temporal

O alto tribunal rexeita o recurso do Goberno galego contra unha sentenza previa e fai efectiva a decisión, argumentando que as e os traballadores eventuais non poden ser tratados dunha forma "menos favorábel" que os fixos.
Manuel Baltar no Senado español, nunha foto de arquivo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Senado decide se permite ao TS xulgar Baltar por condución temeraria

A maioría absoluta do PP na Cámara Alta española decantará se o senador popular será xulgado ou non

Envases de leite (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Até cando poderán as gandarías reclamar as perdas derivadas do cártel do leite?

Un importante grupo de empresas lácteas formou un cártel para intercambiar información comercial e pactar prezos entre os anos 2000 e 2013, segundo confirmou a Audiencia Nacional no mes de febreiro.
Entrada á Audiencia Nacional. (Foto: Óscar Cañas / Europa Press).
LINGUA

Junts propón permitir o uso de galego, catalán e euskera na Audiencia Nacional e no Tribunal Supremo

"Todas as persoas, físicas e xurídicas teñen o dereito para utilizar calquera das linguas oficiais das comunidades autónomas nos órganos xudiciais que teñan xurisdición en todo o Estado español"
José Manuel Baltar, senador do PP e ex presidente da Deputación de Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Xustiza

A xuíza que investiga Baltar pide ao Senado que lle suspenda a inmunidade ao apreciar indicios delituosos

A instrutora adoptou esta decisión despois de que o pasado febreiro rexeitase a petición do senador de anular a causa penal polo feito de ser multado previamente en vía administrativa por un exceso de velocidade.