Xeorxia

Romanía debe exhibir o nivel mostrado no primeiro encontro se non quere ficar eliminada na primeira rolda. (Foto: Europa Press).
EUROCOPA

A Eurocopa despídese até o sábado

Ucraína-Bélxica, Eslovaquia-Romanía, Chequia-Turquía e Xeorxia-Portugal. Estes catro partidos programados no día de hoxe son os últimos dunha rolda inaugural que comezou o 14 de xuño e que deixou tras de si un espectáculo de fútbol ao que os 16 sobreviventes agardan dar continuidade nos oitavos de final. 
A competición continental aumenta de temperatura a medida que se achegan os encontros decisivos. (Foto: Europa Press).
EUROCOPA

Turquía ameaza o pase de Portugal

A fase de grupos da Eurocopa encara a súa recta final. Con España e a anfitrioa, Alemaña, xa matematicamente clasificadas para os oitavos de final, o resto dos participantes pugnan esta fin de semana por facerse con algunha das 14 prazas restantes, comezando este mesmo sábado por Portugal.
Unha vitoria levantaría a moral dunha selección escocesa moi tocada logo da derrota no partido inaugural. (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / dpa).
EUROCOPA

'Match ball' para Escocia ante Suíza

Comeza a segunda quenda de partidos dentro da primeira fase, e Escocia, única nación sen Estado que participa nesta edición do torneo continental, podería tornar na primeira eliminada se non raña polo menos un empate fronte unha Suíza que chega co aval do seu triunfo fronte unha Hungría que xoga coa anfitrioa.
Máis de 2.000 seareiras portuguesas apoiaron os seus homes en Münster, o seu lugar de concentración. (Foto: UEFA).
EUROCOPA

Portugal estrease contra Chequia na Eurocopa

Debuta na Eurocopa o país que, ante a prohibición de que a Irmandiña poida competir oficial e internacionalmente, animará unha parte substancial da afección galega, Portugal. O combinado luso busca ás 21 horas desta terza feira e ante a República Checa estrearse con bo pé no último gran torneo de Cristiano.
(Foto: Nós Diario).
EUROCOPA

A guía da Eurocopa 2024: Grupo 'F'

Cristiano vai a pola súa segunda (e derradeira) Euro.
O primeiro ministro de Xeorxia, Irakli Kobakhidze (Foto: Kay Nietfeld / DPA vía Europa Press).
INTERNACIONAL

O primeiro ministro de Xeorxia denuncia ameazas dun comisario europeo: "Xa viches o que pasou con Fico, e hai que ter moito coidado"

"Varios políticos estranxeiros de alto rango nin sequera evitan a chantaxe aberta contra o pobo xeorxiano e o seu Goberno electo", denunciou Kobakhidze.
Reunión do Consello Europeo hoxe, co presidente Charles Michel (centro) dirixindo a cimeira. (Foto: Alexandros Michailidis / Consello Europeo)
star
INTERNACIONAL

A Unión Europea aproba o comezo das negociacións para a adhesión de Ucraína e Moldova

A pesar de reiterar que non aceptaría dar este paso, Hungría -entre outros países- transixiu, polo que dará inicio o proceso de integración de Ucraína na UE, logo de recibir Budapest 10.200 millóns de euros en fondos conxelados polo bloque comunitario.
Mapa do Cáucaso, entre o mar Negro e o mar Caspio. (Mapa: Nós Diario)
star
Análise

Xeorxia na encrucillada

Abel Riu é politólogo especializado no espazo ex soviético e cofundador do Catalonia Global Institute.